Ezequiel 32:1-32

  • Canción de lamento sobre o faraón e Exipto (1-16)

  • Enterran a Exipto cos incircuncisos (17-32)

32  No ano 12*, no duodécimo mes, no primeiro día do mes, Xehová volveume a comunicar unha mensaxe. Díxome: 2  “Fillo do home, canta unha canción de lamento* sobre o faraón, o rei de Exipto, e dille:‘Eras coma un león das nacións novo e forte*,pero fixéronte calar. Eras coma un monstro mariño, axitando a auga nos teus ríos.Coas túas patas poñías turbia a auga e ensuciabas os ríos*’.  3  Isto é o que di o Señor Soberano Xehová: ‘Por medio dun grupo de moitas nacións botareiche enriba a miña rede,e elas capturarante na miña rede de pesca.  4  Abandonareite en terra seca,tirareite no medio do campo. Farei que se pousen sobre ti tódalas aves do ceoe que os animais salvaxes de toda a terra sacien a súa fame contigo.  5  Tirarei a túa carne polas montañase encherei os vales cos teus restos.  6  Farei que o sangue que saia de ti inunde a terra ata as montañas,e os ríos encheranse con el*’.  7  ‘Cando sexas destruído cubrirei os ceos e escurecerei as súas estrelas. Cubrirei o sol con nubes,e a lúa xa non brillará máis.  8  Farei que tódalas luces* dos ceos deixen de brillar debido a tie cubrirei a túa terra con escuridade’, di o Señor Soberano Xehová.  9  ‘Farei que o corazón de moitos pobos sinta angustia cando leve os teus desterrados a outras nacións,a países que ti non coñeciches. 10  Farei que moitos pobos queden horrorizados,e cando use a miña espada contra ti diante deles, os seus reis tremerán co medo. O día da túa caídanon pararán de tremer, terán medo pola súa propia vida’. 11  Porque isto é o que di o Señor Soberano Xehová: ‘A espada do rei de Babilonia virá contra ti. 12  Farei que as túas multitudes* morran pola espada de guerreiros poderosos,pola espada dos máis crueis das nacións. Acabarán co orgullo de Exipto, e tódalas súas multitudes serán destruídas. 13  Acabarei con todo o seu gando ó lado de zonas onde hai moita auga.Nin pés humanos nin pezuños de gando volverán a poñer turbias as súas augas’. 14  ‘Nese tempo limparei as súas augase farei que os seus ríos corran suavemente*’, di o Señor Soberano Xehová. 15  ‘Cando converta Exipto nun deserto abandonado, nunha terra á que lle sacaron todo canto tiña,e cando castigue a tódolos seus habitantes,eles terán que saber que eu son Xehová. 16  Isto é unha canción de lamento, e a xente vaina cantar.As fillas das nacións cantarana. Cantarán esta canción para falar de Exipto e de tódalas súas multitudes’, di o Señor Soberano Xehová”. 17  Entón, no ano 12, no día 15 do mes, Xehová comunicoume unha mensaxe. Díxome: 18  “Fillo do home, laméntate polas multitudes de Exipto e fai que Exipto baixe ás profundidades da terra xunto coa xente de nacións poderosas. Alí estarán con tódalas persoas que morreron*. 19  ”‘Pensas que es máis fermoso que os demais? Baixa á tumba e déitate ó lado dos incircuncisos!’. 20  ”‘Os exipcios caerán mortos entre os que morreron pola espada. Exipto morreu pola espada, sacádeo a rastro de aquí xunto con tódalas súas multitudes. 21  ”’Dende as profundidades da Tumba*, os guerreiros máis poderosos falarán co faraón e cos seus axudantes. Sen falta, os exipcios morrerán pola espada e quedarán tirados coma os incircuncisos. 22  Alí está Asiria con tódalas súas multitudes. As tumbas dos asirios están arredor do seu rei*, todos morreron pola espada. 23  A tumba de Asiria está na zona máis profunda do foso*, e arredor da súa tumba están as súas multitudes. Todos morreron pola espada porque causaron terror na terra dos vivos. 24  ”’Alí está Elam, e arredor da súa tumba están tódalas súas multitudes, todos morreron pola espada. Estes, que causaron terror na terra dos vivos, baixaron ás profundidades da terra sendo incircuncisos. Agora terán que soportar a súa humillación xunto cos que baixan á tumba*. 25  Preparouse unha tumba para Elam entre a xente que morreu. Tódalas súas multitudes están arredor da súa tumba. Todos eles son incircuncisos e morreron pola espada, porque causaron terror na terra dos vivos e terán que soportar a súa humillación xunto cos que baixan á tumba*. Elam foi colocado entre os mortos. 26  ”’Alí están Mesec e Tubal, e tódalas súas multitudes. As súas tumbas están arredor do seu rei. Todos eles son incircuncisos e foron atravesados pola espada, porque causaron terror na terra dos vivos. 27  E logo, non quedarán tirados alí xunto cos poderosos guerreiros incircuncisos que morreron, cos que baixaron á Tumba* coas súas armas de guerra? Eles poñerán as súas espadas debaixo das súas cabezas* e os seus pecados sobre os seus ósos, porque estes guerreiros poderosos causaron terror na terra dos vivos. 28  Pero ti* serás esmagado entre os incircuncisos e quedarás tirado cos que morreron pola espada. 29  ”’Alí está Edom, os seus reis e tódolos seus xefes*. A pesar do seu poder, acabaron tirados entre os que morreron pola espada. Eles tamén quedarán tirados cos incircuncisos e cos que baixan á tumba*. 30  ”’Alí están tódolos gobernantes* do norte xunto con tódolos sidonios. Eles baixaron humillados á tumba cos mortos a pesar do terror que causaron co seu poder. Quedarán tirados sendo incircuncisos ó lado dos que morreron pola espada e terán que soportar a súa humillación xunto cos que baixan á tumba*. 31  ”’Cando o faraón os vexa a todos, consolarase ó darse conta de que as súas multitudes non son as únicas que foron destruídas. O faraón e todo o seu exército morrerán pola espada’, di o Señor Soberano Xehová. 32  ”‘Como causou terror na terra dos vivos, o faraón e tódalas súas multitudes serán enterrados cos incircuncisos, cos que morreron pola espada’, di o Señor Soberano Xehová”.

Notas ó pé

^ Refírese ó ano 12 do desterro do rei Xoaquín, de Ezequiel e doutros xudeus. Ver Ez 1:2.
^ Ou “elexía”.
^ Ou “un león novo con melena”.
^ Lit. “os ríos deles”.
^ Lit. “os leitos dos ríos encheranse de ti (contigo)”.
^ Ou “tódolos luceiros”.
^ Ou “tropas”.
^ Ou “coma aceite”.
^ Ou “cos que están baixando ó foso”.
^ Ou “Xeol”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.
^ Lit. “As súas tumbas están arredor del”.
^ Ou “da tumba”.
^ Ou “ó foso”.
^ Ou “ó foso”.
^ Ou “Xeol”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.
^ Quizais se refira a guerreiros que foron enterrados coas súas espadas, con honores militares.
^ Quizais se refira ó faraón ou a Exipto.
^ Ou “ó foso”.
^ Ou “líderes”.
^ Ou “ó foso”.