PREGUNTA 17

Como ter unha familia feliz?

HOMES/PAIS

“Da mesma maneira, os homes que están casados deben amar ás súas mulleres como aman os seus propios corpos. O home que ama á súa muller ámase a si mesmo, porque nunca houbo ninguén que odiase o seu propio corpo. En vez diso, todo o mundo o alimenta e o coida con cariño”.

“Cada un de vós debe amar á súa muller tal como se ama a si mesmo”.

Efesios 5:28, 29, 33

“Pais, non irritedes os vosos fillos. En vez diso, seguídeos criando de acordo coa disciplina e os consellos de Xehová”.

Efesios 6:4

MULLERES

“A muller debe respectar profundamente ó seu marido”.

Efesios 5:33

“Mulleres, aceptade a autoridade dos vosos maridos, que iso é o que está ben ós ollos do Señor”.

Colosenses 3:18

FILLOS

“Fillos, obedecede os vosos pais da maneira que lle agrada ó Señor, porque isto é xusto. ‘Honra a teu pai e a túa nai’. Ese é o primeiro mandamento que vai acompañado dunha promesa: ‘Para que che vaia ben e vivas moito tempo na terra’”.

Efesios 6:1-3

“Fillos, obedecede os vosos pais en todo, porque isto agrádalle ó Señor”.

Colosenses 3:20