Esta invitación é para ti
Adoración pura
2025 Congreso Rexional das Testemuñas de Xehová
Atopa o Congreso Rexional máis próximo
Entrada gratuíta • Non se fan colectas
O máis destacado
Venres: Por medio dunha serie de vídeos, viaxarás a lugares onde Xesús viviu e predicou.
Sábado: Verás como Xesús, dende o principio do seu ministerio, cumpriu profecías que se fixeron con centos de anos de antelación.
Domingo: Na conferencia titulada “Coñeces o que adoras?” aprenderás por que importa o que cremos e como podes encontrar a verdade.
Produción audiovisual
As boas noticias segundo Xesús: Episodios 2 e 3
Cando Xesús se bautizou, converteuse no Mesías, ou Cristo. Nos seguintes meses ó seu bautismo, o Demo tentouno, empezou a reunir os seus discípulos e realizou os primeiros milagres. Nos episodios que se mostrarán durante os tres días do Congreso poderás ver estas e outras escenas.
Poderás encontrar o programa completo e os seguintes vídeos en jw.org:
Como son os nosos congresos rexionais?
Descubre como é un congreso rexional das testemuñas de Xehová.
2025 Congreso Rexional das Testemuñas de Xehová: Adoración pura.
Mira o avance do programa do Congreso Rexional deste ano.
Avance da produción audiovisual: As boas noticias segundo Xesús.
Nada máis empezar o seu ministerio, Xesucristo tivo que enfrontarse á oposición de inimigos humanos, de Satanás e dos demos. Como lle afectaría todo isto?