PREGUNTA 11
Que pasa cando morremos?
“Sae o seu espírito, e o home volve ó chan; ese mesmo día acábanse os seus pensamentos”.
Salmo 146:4
“Porque os vivos saben que van morrer, pero os mortos non saben nada en absoluto”.
“Todo o que poidas facer, faino con tódalas túas forzas, porque non hai actividade nin plans nin coñecemento nin sabedoría na Tumba, o lugar onde vas”.
Eclesiastés 9:5, 10
“[Xesús] tamén dixo: ‘O noso amigo Lázaro quedou durmido, pero eu vou ir alí a despertalo’”.
“En realidade, Xesús quería dicir que Lázaro estaba morto, pero eles pensaban que se refería a que estaba descansando mentres durmía. Así que Xesús díxolles directamente: ‘Lázaro morreu’”.

