A BIBLIA. TRADUCIÓN DO NOVO MUNDO

Ezequiel | Contido do libro

Galego
Ezequiel | Contido do libro
https://cms-imgp.jw-cdn.org/img/p/1001061100/univ/wpub/1001061100_univ_sqr_xl.jpg
nwt Ezequiel

O libro de Ezequiel

Capítulos

Contido do libro

  • 1

    • Ezequiel recibe visións de Deus en Babilonia (1-3)

    • A visión do carro celestial de Xehová (4-28)

      • Un vento de tormenta, unha nube e un lume (4)

      • Os catro seres viventes (5-14)

      • As catro rodas (15-21)

      • Unha plataforma que brilla coma o xeo (22-24)

      • O trono de Xehová (25-28)

  • 2

    • Noméase profeta a Ezequiel (1-10)

      • “Tanto se escoitan como se non queren escoitar” (5)

      • Un rolo con cancións fúnebres e lamentos (9, 10)

  • 3

    • Ezequiel come o rolo que Deus lle dá (1-15)

    • Noméase vixía a Ezequiel (16-27)

      • Non advertir a alguén implica culpa de sangue (18-21)

  • 4

    • Representación do asedio de Xerusalén (1-17)

      • Ezequiel carga coa culpa do pobo durante 390 días e 40 días (4-7)

  • 5

    • Representación da destrución de Xerusalén (1-17)

      • Ezequiel afeita a cabeza e a barba, e divide o pelo en tres partes (1-4)

      • Xerusalén é peor que as nacións (7-9)

      • Os rebeldes son castigados de tres maneiras (12)

  • 6

    • Profecía contra as montañas de Israel (1-14)

      • Os ídolos noxentos serán humillados (4-6)

      • “Teredes que saber que eu son Xehová” (7)

  • 7

    • “Chegou o fin!” (1-27)

      • Nunca houbo outra desgraza igual (5)

      • Tirarán os cartos polas rúas (19)

      • O templo será profanado (22)

  • 8

    • Ezequiel vai a Xerusalén por medio dunha visión (1-4)

    • Ve cousas detestables no templo (5-18)

      • Mulleres chorando polo deus Tamuz (14)

      • Homes adorando o sol (16)

  • 9

    • Seis homes que executan o castigo e un home cun tinteiro de secretario (1-11)

      • A execución da sentenza empeza no santuario (6)

  • 10

    • Cóllese lume de entre as rodas (1-8)

    • A descrición dos querubíns e das rodas (9-17)

    • A gloria de Deus marcha do templo (18-22)

  • 11

    • Condénase ós líderes malvados do pobo (1-13)

      • Compárase a cidade cunha pota (3-12)

    • A promesa de restauración (14-21)

      • “Poñerei neles un espírito novo” (19)

    • A gloria de Deus marcha de Xerusalén (22, 23)

    • Nunha visión Ezequiel volve a Caldea (24, 25)

  • 12

    • Profetízase o desterro mediante representacións (1-20)

      • A equipaxe para ir ó desterro (1-7)

      • O xefe marchará na escuridade (8-16)

      • “Comerán o seu pan con angustia e beberán a súa auga con moito medo” (17-20)

    • Demóstrase que o dito é falso (21-28)

      • “Ningunha das miñas palabras tardará en cumprirse” (28)

  • 13

    • Profecía contra os profetas falsos (1-16)

      • As paredes revestidas con cal caerán (10-12)

    • Profecía contra as profetisas falsas (17-23)

  • 14

    • Condénase ós idólatras (1-11)

    • Xerusalén non poderá escapar do castigo (12-23)

      • A xustiza de Noé, Daniel e Xob (14, 20)

  • 15

    • Xerusalén é unha vide que non serve para nada (1-8)

  • 16

    • O amor de Deus por Xerusalén (1-63)

      • Xerusalén é comparada cunha nena abandonada (1-7)

      • Deus adórnaa e fai un pacto matrimonial con ela (8-14)

      • Xerusalén vólvese infiel (15-34)

      • É castigada por ser adúltera (35-43)

      • É comparada con Samaria e Sodoma (44-58)

      • Deus lémbrase do seu pacto (59-63)

  • 17

    • O enigma das dúas aguias e a vide (1-21)

    • Un brote convértese nun cedro impresionante (22-24)

  • 18

    • Cada un é responsable dos seus pecados (1-32)

      • A alma que peca morrerá (4)

      • O fillo non cargará coa culpa do seu pai (19, 20)

      • Xehová non se alegra de que morra alguén malvado (23)

      • Quen se arrepinta seguirá vivindo (27, 28)

  • 19

    • Unha canción de lamento sobre os xefes de Israel (1-14)

  • 20

    • A historia da rebelión de Israel (1-32)

    • A promesa de que Israel será restaurada (33-44)

    • A profecía contra o sur (45-49)

  • 21

    • A espada do xuízo de Deus sacarase da súa funda (1-17)

    • O rei de Babilonia atacará Xerusalén (18-24)

    • O malvado xefe de Xerusalén será eliminado (25-27)

      • “Saca a coroa” (26)

      • “Ata que veña o que ten o dereito legal” (27)

    • Unha espada contra os amonitas (28-32)

  • 22

    • Xerusalén, a cidade culpable de derramar sangue (1-16)

    • Israel é “algo que non vale para nada” (17-22)

    • O pobo de Israel e os seus líderes son condenados (23-31)

  • 23

    • Dúas irmás infieis (1-49)

      • Oholá con Asiria (5-10)

      • Oholibá con Babilonia e Exipto (11-35)

      • Castígase ás dúas irmás (36-49)

  • 24

    • Xerusalén é coma unha pota no lume (1-14)

    • A morte da muller de Ezequiel é un sinal (15-27)

  • 25

    • Profecía contra Amón (1-7)

    • Profecía contra Moab (8-11)

    • Profecía contra Edom (12-14)

    • Profecía contra Filistea (15-17)

  • 26

    • Profecía contra Tiro (1-21)

      • Un “lugar onde secar as redes de pesca” (5, 14)

      • Tirarán na auga as pedras e as ruínas (12)

  • 27

    • Canción de lamento sobre o naufraxio de Tiro (1-36)

  • 28

    • Profecía contra o rei de Tiro (1-10)

      • “Son un deus” (2, 9)

    • Canción de lamento sobre o rei de Tiro (11-19)

      • “Estabas no Edén” (13)

      • “Unxinte para que foses o querubín protector” (14)

      • “Empezaches a actuar con inxustiza” (15)

    • Profecía contra Sidón (20-24)

    • Israel será restaurada (25, 26)

  • 29

    • Profecía contra o faraón (1-16)

    • Babilonia recibirá Exipto como recompensa (17-21)

  • 30

    • Profecía contra Exipto (1-19)

      • Profetízase o ataque de Nabucodonosor (10)

    • Quítaselle o poder ó faraón (20-26)

  • 31

    • A caída de Exipto, que é un cedro moi alto (1-18)

  • 32

    • Canción de lamento sobre o faraón e Exipto (1-16)

    • Enterran a Exipto cos incircuncisos (17-32)

  • 33

    • As responsabilidades dun vixía (1-20)

    • Noticias sobre a conquista de Xerusalén (21, 22)

    • Mensaxe para os que viven nas ruínas (23-29)

    • O pobo non lle fai caso á mensaxe (30-33)

      • Ezequiel é “coma unha canción romántica” (32)

      • “Houbo un profeta entre eles” (33)

  • 34

    • Profecía contra os pastores de Israel (1-10)

    • Xehová coida das súas ovellas (11-31)

      • “O meu servo David” será o seu pastor (23)

      • “Un pacto de paz” (25)

  • 35

    • Profecía contra as montañas de Seír (1-15)

  • 36

    • Profecía sobre as montañas de Israel (1-15)

    • A restauración de Israel (16-38)

      • “Santificarei o meu gran nome” (23)

      • “Coma o xardín de Edén” (35)

  • 37

    • A visión da chaira dos ósos secos (1-14)

    • Débense xuntar dous paus (15-28)

      • Unha soa nación gobernada por un só rei (22)

      • Un pacto eterno de paz (26)

  • 38

    • O ataque de Gog contra Israel (1-16)

    • A furia de Xehová contra Gog (17-23)

      • As nacións “terán que saber que eu son Xehová” (23)

  • 39

    • A destrución de Gog e as súas tropas (1-10)

    • O enterro no val de Hamon-Gog (11-20)

    • A restauración de Israel (21-29)

      • O espírito santo de Deus derramarase sobre Israel (29)

  • 40

    • Ezequiel vai a Xerusalén por medio dunha visión (1, 2)

    • Ezequiel recibe a visión dun templo (3, 4)

    • Os patios e as portas (5-47)

      • A porta exterior que daba cara ó leste (6-16)

      • O patio exterior e outras portas (17-26)

      • O patio interior e as portas interiores (27-37)

      • Os comedores para o servizo do templo (38-46)

      • O altar (47)

    • O pórtico do templo (48, 49)

  • 41

    • O santuario do templo (1-4)

    • A parede do templo e as salas laterais (5-11)

    • O edificio que estaba no lado oeste (12)

    • Mídense os edificios (13-15a)

    • O interior do santuario (15b-26)

  • 42

    • A zona dos edificios dos comedores (1-14)

    • Mídense os catro lados do templo (15-20)

  • 43

    • A gloria de Xehová enche o templo (1-12)

    • O altar (13-27)

  • 44

    • A porta leste debe seguir pechada (1-3)

    • Normas sobre os estranxeiros (4-9)

    • Normas para os levitas e os sacerdotes (10-31)

  • 45

    • A contribución santa e a cidade (1-6)

    • O territorio do xefe (7, 8)

    • Os xefes deben actuar con honradez (9-12)

    • As contribucións do pobo e do xefe (13-25)

  • 46

    • Ofrendas en ocasións específicas (1-15)

    • A herdanza relacionada coas propiedades do xefe (16-18)

    • Sitios para ferver as ofrendas (19-24)

  • 47

    • O río que sae do templo (1-12)

      • Cada vez é máis profundo (2-5)

      • A auga do Mar Morto é curada (8-10)

      • As zonas pantanosas non son curadas (11)

      • Árbores que dan froito e curan (12)

    • Fronteiras do país (13-23)

  • 48

    • A división do país (1-29)

    • As 12 portas da cidade (30-35)

      • Unha cidade que se chama “Xehová Está Alí” (35)