Ezequiel 2:1-10
2 E el díxome: “Fillo do home*, ponte de pé, porque quero falar contigo”.
2 Entón o espírito de Deus entrou en min e fixo que me puxese de pé para escoitar ó que falaba comigo.
3 Despois díxome: “Fillo do home, envíote ó pobo de Israel (ás nacións rebeldes* que se rebelaron contra min). Ata o día de hoxe, eles e os seus antepasados desobedeceron as miñas leis.
4 Envíote onda fillos que son desafiantes e que teñen o corazón duro. Tes que dicirlles: ‘Isto é o que di o Señor Soberano Xehová’.
5 E tanto se escoitan como se non queren escoitar (porque son un pobo rebelde), terán claro que houbo un profeta entre eles.
6 ”Pero ti, fillo do home, non lles teñas medo nin a eles nin ás súas palabras, aínda que esteas rodeado de espiños* e vivas entre escorpións. Que non che dean medo as súas palabras e que as súas caras non te aterroricen, porque son un pobo rebelde.
7 Tes que transmitirlles as miñas palabras, tanto se escoitan como se non, porque son un pobo rebelde.
8 ”Pero ti, fillo do home, escoita o que che digo. Non te fagas rebelde coma este pobo, que é rebelde. Abre a boca e come isto que che dou”.
9 Cando mirei, había unha man estendida cara a min, e nela había un rolo que estaba escrito*.
10 El abriuno diante de min, e o rolo estaba escrito polas dúas caras. Nel había escritas cancións fúnebres e lamentos.

