PREGUNTA 16

Como facerlles fronte ás preocupacións?

“Bota a túa carga sobre Xehová, e el vaite soster. Xamais permitirá que caia o xusto”.

Salmo 55:22

“Os plans do que é traballador terán bos resultados; en cambio, todo o que se precipita acabará na pobreza”.

Proverbios 21:5

“Non teñas medo, porque estou contigo. Non te angusties, porque eu son o teu Deus. Eu dareiche forzas. Si, eu axudareiche. Coa miña man dereita de xustiza, de veras te sosterei”.

Isaías 41:10

“Quen de vós, por angustiarse, pode facer que a súa vida dure unha hora máis?”.

Mateo 6:27

“Así que nunca vos angustiedes polo día seguinte, porque o día seguinte terá as súas propias preocupacións. Xa chega cos problemas que hai cada día”.

Mateo 6:34

“Pido que vos aseguredes de cales son as cousas máis importantes”.

Filipenses 1:10

“Non vos angustiedes por nada. En vez diso, en calquera situación, facédelle saber a Deus as vosas peticións con oracións e súplicas, e dándolle grazas. E a paz de Deus, que vai máis alá do que calquera ser humano pode entender, protexerá o voso corazón e a vosa mente por medio de Cristo Xesús”.

Filipenses 4:6, 7