Nehemías 12:1-47

  • Os sacerdotes e os levitas (1-26)

  • A inauguración da muralla (27-43)

  • Apóiase o servizo do templo (44-47)

12  Estes foron os sacerdotes e os levitas que saíron do desterro con Zorobabel, que era fillo de Sealtiel, e con Xesúa. Os sacerdotes eran: Seraia, Xeremías, Esdras, 2  Amarías, Maluc, Hatús, 3  Secanías, Reúm, Meremot, 4  Idó, Guinetoi, Abías, 5  Millamín, Maadías, Bilgá, 6  Semaia, Xoiarib, Xedaías, 7  Salú, Amoc, Hilquías e Xedaías. Estes eran os xefes dos sacerdotes e dos seus irmáns nos tempos de Xesúa. 8  Os levitas eran: Xesúa, Binuí, Cadmiel, Xerebías, Xudá e Matanías, que dirixía as cancións de agradecemento xunto cos seus irmáns. 9  E os seus irmáns Bacbuquías e Uní estaban en fronte deles servindo como gardas*. 10  Xesúa foi o pai de Xoiaquim, Xoiaquim foi o pai de Eliaxib, Eliaxib foi o pai de Xoiadá, 11  Xoiadá foi o pai de Xonatán e Xonatán foi o pai de Xadúa. 12  Nos días de Xoiaquim, estes foron os sacerdotes, os xefes das casas paternas: da casa de Seraia, Meraías; da casa de Xeremías, Hananías; 13  da casa de Esdras, Mexulam; da casa de Amarías, Xehohanán; 14  da casa de Maluquí, Xonatán; da casa de Xebanías, Xosé; 15  da casa de Harim, Adná; da casa de Meraiot, Helcai; 16  da casa de Idó, Zacarías; da casa de Guinetón, Mexulam; 17  da casa de Abías, Zicrí; da casa de Miniamín, [?]*; da casa de Moadías, Piltai; 18  da casa de Bilgá, Xamúa; da casa de Semaia, Xehonatán; 19  da casa de Xoiarib, Matenai; da casa de Xedaías, Uzí; 20  da casa de Salai, Calai; da casa de Amoc, Éber; 21  da casa de Hilquías, Haxabías, e da casa de Xedaías, Netanel. 22  Os xefes das casas paternas dos levitas e dos sacerdotes foron inscritos nos días de Eliaxib, de Xoiadá, de Xohanán e de Xadúa, é dicir, ata o reinado de Darío o persa. 23  Os levitas que eran xefes das casas paternas foron inscritos no libro dos rexistros históricos ata os días de Xohanán, que era fillo de Eliaxib. 24  Os xefes dos levitas eran Haxabías, Xerebías e Xesúa, que era fillo de Cadmiel. E os seus irmáns, os gardas, colocábanse en fronte deles, un grupo de gardas ó lado do outro, para louvar a Deus e darlle grazas seguindo as instrucións de David, o home do Deus verdadeiro. 25  Matanías, Bacbuquías, Abdías, Mexulam, Talmón e Acub eran porteiros, e estaban de garda vixiando os almacéns xunto ás portas do templo. 26  Eles serviron nos días de Xoiaquim (que era fillo de Xesúa, que era fillo de Xosadac) e nos días do gobernador Nehemías e do sacerdote e copista* Esdras. 27  Para a inauguración das murallas de Xerusalén foron buscar ós levitas a tódolos lugares onde vivían. Trouxéronos a Xerusalén para celebrar a inauguración con alegría, con cancións de agradecemento, con címbalos*, con instrumentos de corda e con arpas. 28  E reuníronse os cantores profesionais* que viñan do distrito*, dos arredores de Xerusalén, dos poboados dos netofatitas, 29  de Bet-Guilgal e dos campos de Gueba e de Azmávet, porque os cantores construíran poboados arredor de Xerusalén. 30  Os sacerdotes e os levitas purificáronse cerimonialmente e tamén purificaron o pobo, as portas e a muralla. 31  Entón fixen que os gobernantes de Xudá subisen á muralla. Ademais organicei dous coros grandes para dar grazas, e detrás de cada coro ía un grupo de persoas. Un dos coros foi cara á dereita, camiñando sobre a muralla en dirección á Porta dos Montóns de Cinza. 32  Detrás ían Hoxaías e a metade dos gobernantes de Xudá. 33  Tamén ían Azarías, Esdras, Mexulam, 34  Xudá, Benxamín, Semaia e Xeremías. 35  E algúns dos fillos dos sacerdotes seguíanos coas trompetas: Zacarías (que era fillo de Xonatán, que era fillo de Semaia, que era fillo de Matanías, que era fillo de Micaia, que era fillo de Zacur, que era fillo de Asaf) 36  e os seus irmáns Semaia, Azarel, Milalai, Guilalai, Maai, Netanel, Xudá e Hananí. Eles levaban os instrumentos musicais de David, o home do Deus verdadeiro. Esdras, o copista, ía diante deles. 37  Cando chegaron á Porta da Fonte seguiron cara adiante por encima da Escaleira da Cidade de David, pasando pola subida da muralla, e continuaron ata máis arriba da casa de David, ata a Porta da Auga, ó leste. 38  O outro coro que se encargaba de dar grazas foi en dirección contraria. Eu seguino por encima da muralla coa outra metade da xente, pasando pola Torre dos Fornos, seguindo polo Muro Ancho, 39  a Porta de Efraín, a Porta da Cidade Vella, a Porta do Peixe, a Torre de Hananel, a Torre de Meá e a Porta das Ovellas, ata chegar á Porta da Garda, onde paramos. 40  Ó final os dous coros que se encargaban de dar grazas pararon diante da casa do Deus verdadeiro. Tamén paramos eu e a metade dos gobernantes locais que ían comigo, 41  e os sacerdotes Eliaquim, Maaseia, Miniamín, Micaia, Elioenai, Zacarías e Hananías, que levaban as trompetas, 42  e tamén Maaseia, Semaia, Eleazar, Uzí, Xehohanán, Malquilla, Elam e Ézer. Os cantores cantaban moi alto baixo a dirección de Izrahías. 43  Ese día ofreceron moitos sacrificios e estiveron moi contentos, porque o Deus verdadeiro fixo que sentisen moita alegría. As mulleres e os nenos tamén estaban moi contentos. Había tanta alegría en Xerusalén que podía escoitarse desde lonxe. 44  Ese día tamén foron nomeados algúns homes para que se encargasen dos almacéns que se usaban para as contribucións, as primicias e as décimas partes*. Alí tiñan que gardar a parte da colleita que producían os campos que estaban cerca das cidades, a que a Lei lles asignaba ós sacerdotes e ós levitas. Toda a xente de Xudá estaba feliz polo servizo que os sacerdotes e os levitas facían no templo. 45  Os sacerdotes e os levitas comezaron a cumprir coas súas responsabilidades no servizo ó seu Deus e coa obrigación de facer purificacións, igual que fixeron os cantores e os porteiros, seguindo as instrucións de David e do seu fillo Salomón. 46  Porque hai moito tempo, nos días de David e de Asaf, había directores que dirixían os cantores e as cancións de louvanza e de agradecemento a Deus. 47  E nos días de Zorobabel e nos días de Nehemías, tódolos israelitas dábanlles a parte que lles correspondía ós cantores e ós porteiros, segundo as necesidades diarias. Ademais dábanlles ós levitas a parte que lles correspondía, e os levitas, do que recibían, dábanlles ós descendentes de Aarón a parte que lles correspondía.

Notas ó pé

Ou quizais “durante o servizo relixioso”.
Parece ser que aquí o texto hebreo omite un nome.
Ou “escriba”.
O címbalo é un instrumento de percusión.
Lit. “os fillos dos cantores”.
É dicir, o distrito da rexión do Xordán.
Ou “o décimo”. Ver glosario décimo; décima parte.