Nehemías 10:1-39

  • O pobo comprométese a cumprir a Lei (1-39)

    • “Non imos descoidar a casa do noso Deus” (39)

10  Estes foron os que validaron a promesa co seu selo: o gobernador* Nehemías, que era fillo de Hacalías,e tamén Sedequías, 2  Seraia, Azarías, Xeremías, 3  Paxur, Amarías, Malquilla, 4  Hatús, Xebanías, Maluc, 5  Harim, Meremot, Abdías, 6  Daniel, Guinetón, Baruc, 7  Mexulam, Abías, Millamín, 8  Maazías, Bilgai e Semaia. Estes son os sacerdotes. 9  E os levitas que validaron a promesa foron: Xesúa, que era fillo de Azanías, Binuí, que era un dos fillos de Henadad, Cadmiel, 10  Xebanías, Hodías, Quelitá, Pelaías, Hanán, 11  Micá, Rehob, Haxabías, 12  Zacur, Xerebías, Xebanías, 13  Hodías, Baní e Beninú. 14  E os xefes do pobo que a validaron foron: Parós, Pahat-Moab, Elam, Zatú, Baní, 15  Buní, Azgad, Bebai, 16  Adonías, Bigvai, Adín, 17  Ater, Ezequías, Azur, 18  Hodías, Haxum, Besai, 19  Harif, Anatot, Nebai, 20  Magpías, Mexulam, Hezir, 21  Mexezabel, Sadoc, Xadúa, 22  Pelatías, Hanán, Anaías, 23  Hoxea, Hananías, Haxub, 24  Halohés, Pilhá, Xobec, 25  Reúm, Haxabná, Maaseia, 26  Ahilla, Hanán, Anán, 27  Maluc, Harim e Baaná. 28  O resto do pobo (os sacerdotes, os levitas, os porteiros, os cantores, os servos do templo* e tódolos que se separaran da xente dos pobos que estaban arredor para cumprir a Lei do Deus verdadeiro xunto coas súas mulleres, os seus fillos e as súas fillas, tódolos que podían entender a promesa*) 29  uniuse ós seus irmáns, ós homes importantes. E comprometéronse cunha maldición* e cun xuramento a cumprir a* Lei que o Deus verdadeiro lles dera por medio de Moisés, o servo do Deus verdadeiro, e a obedecer con coidado tódolos mandamentos, as decisións xudiciais e as normas de Xehová, o noso Señor. 30  Dixeron: “Non casaremos as nosas fillas cos fillos dos pobos que están arredor nin casaremos os nosos fillos coas súas fillas. 31  ”Se os pobos do arredor veñen vender mercancías e calquera clase de cereais en sábado, non lles compraremos nada nin en sábado nin ningún outro día santo. Ademais, no sétimo ano deixaremos descansar a terra e perdoaremos tódalas débedas. 32  ”Tamén nos comprometemos a que cada un de nós dea unha terceira parte dun siclo* tódolos anos para o servizo da casa* do noso Deus. 33  Servirá para facer os pans colocados en montóns*, para a ofrenda de gran que se fai regularmente, para a ofrenda queimada do sábado e das lúas novas, para as festas establecidas, para as cousas santas, para as ofrendas polo pecado que eliminan* a culpa de Israel e para todo o traballo que se fai na casa do noso Deus. 34  ”Tamén botaremos sortes para decidir en que época lle tocará, ano tras ano, a cada casa paterna dos sacerdotes, dos levitas e do pobo levar leña á casa do noso Deus para queimala no altar de Xehová, o noso Deus, tal como está escrito na Lei. 35  E tódolos anos levaremos á casa de Xehová os primeiros froitos maduros dos nosos campos e de tódalas árbores froiteiras. 36  Tamén levaremos os primoxénitos dos nosos fillos e dos nosos animais, tal como está escrito na Lei, e os primoxénitos das nosas vacas e dos nosos rabaños. Levaremos todo á casa do noso Deus, ós sacerdotes que serven na casa do noso Deus. 37  Ademais levarémoslles ós sacerdotes as primicias* da nosa fariña gorda, as nosas contribucións, o froito de tódalas árbores, o viño novo e o aceite, para que se garden nos almacéns* da casa do noso Deus. Tamén lles levaremos ós levitas a décima parte* do que producen os nosos campos, porque eles son os que reciben nas nosas cidades agrícolas a décima parte do que estas producen. 38  ”E un sacerdote, un fillo de Aarón, ten que estar cos levitas cando reciban a décima parte. Desa décima parte, os levitas teñen que dar unha décima parte para a casa do noso Deus, para os cuartos do almacén*. 39  Porque os israelitas e os fillos dos levitas teñen que levar ós almacéns* a contribución dos cereais, do viño novo e do aceite. É alí onde están os utensilios do santuario e tamén os sacerdotes que están de servizo, os porteiros e os cantores. Non imos descoidar a casa do noso Deus”.

Notas ó pé

Ou “tirxatá”. Título que os persas lle daban ó gobernador dunha provincia.
Ou “netineos”. Lit. “entregados”. Ver glosario netineos.
Ou quizais “calquera que tivese idade suficiente para entender”.
Ver glosario maldicir.
Lit. “andar na”.
Un siclo equivalía a 11,4 g. Ver apén. B14.
Ou “do templo”.
É dicir, o pan da presenza. Ver glosario pan da presenza.
Ou “expían”.
Ou “comedores”.
Ou “o décimo”. Ver glosario décimo; décima parte.
Ou “os comedores”.
Ou “comedores”.