Esdras 10:1-44
10 Esdras estaba orando e confesando os pecados do pobo, chorando deitado boca abaixo diante da casa do Deus verdadeiro. Mentres tanto, xuntáronse arredor del un gran grupo de homes, mulleres e nenos de Israel. E a xente non paraba de chorar.
2 Entón Secanías, que era fillo de Xehiel, un dos descendentes de Elam, díxolle a Esdras: “Desobedecemos o* noso Deus ó casar con* mulleres estranxeiras dos pobos veciños. Pero aínda hai esperanza para Israel.
3 Fagamos un pacto co noso Deus para botar a todas esas mulleres e ós seus fillos, tal como nos mandaron Xehová e os que respectan profundamente* os mandamentos do noso Deus. Fagamos o que di a Lei.
4 Levántate, porque isto é responsabilidade túa e nós estamos contigo. Sé valente e fai algo”.
5 Entón Esdras levantouse e fíxolles xurar ós xefes dos sacerdotes, ós levitas e a todo Israel que cumprirían o que se dixera. E eles xurárono.
6 Esdras estaba diante da casa do Deus verdadeiro e marchou para o cuarto* que tiña no templo Xehohanán, o fillo de Eliaxib. Foi alí, pero non comeu nin bebeu nada porque se lamentaba pola desobediencia* dos que volveran do desterro.
7 Entón anunciouse por todo Xudá e Xerusalén que tódolos que volveran do desterro tiñan que reunirse en Xerusalén.
8 E de acordo coa decisión dos oficiais de alto rango* e dos anciáns, se alguén non se presentaba no prazo de tres días, confiscaríanselle tódolos seus bens e sería expulsado do grupo* dos desterrados.
9 Así que tódolos homes de Xudá e de Benxamín reuníronse en Xerusalén ós tres días, é dicir, o día 20 do noveno mes*. Todo o pobo estaba sentado nun patio da casa do Deus verdadeiro, e tremía de medo pola seriedade do asunto e de frío polas fortes chuvias.
10 Entón o sacerdote Esdras levantouse e díxolles: “Fostes desobedientes ó noso Deus* porque casastes con mulleres estranxeiras, e iso fixo que a culpa de Israel sexa aínda máis grande.
11 Agora confesádelle o voso pecado a Xehová, o Deus dos vosos antepasados, e obedecédeo. Separádevos dos pobos veciños e tamén desas mulleres estranxeiras coas que casastes”.
12 E toda a xente que estaba alí reunida contestou moi alto: “É a nosa obrigación facer todo tal como dis.
13 Pero somos moitos, estamos na temporada de chuvias e non podemos quedar fóra. Ademais, isto non se vai solucionar nun día nin en dous, porque fomos moi rebeldes.
14 Así que, por favor, deixa que os nosos oficiais de alto rango queden aquí en representación de toda a congregación. E deixa que tódolos que están nas nosas cidades e que casaron con mulleres estranxeiras veñan cos anciáns e cos xuíces de cada cidade nunha data determinada, ata que calmemos a furia intensa do noso Deus”.
15 Pero Xonatán, que era fillo de Asahel, e Xahzeías, que era fillo de Ticvá, non estiveron de acordo con iso, e os levitas Mexulam e Xabetai puxéronse de parte deles.
16 Aínda así, os que volveran do desterro fixeron o que se decidira. Por outro lado, o primeiro día do décimo mes* o sacerdote Esdras e os xefes das casas paternas, todos eles rexistrados por nome, reuníronse para analizar o asunto.
17 E o primeiro día do primeiro mes* terminaron de resolver tódolos casos dos homes que estaban casados con mulleres estranxeiras.
18 E descubriuse que algúns dos fillos dos sacerdotes casaran con mulleres estranxeiras. Dos fillos de Xesúa, que era fillo de Xehosadac, e dos seus irmáns, os que casaran con mulleres estranxeiras foron Maaseia, Eliezer, Xarib e Guedalías.
19 Pero eles prometeron* botar as súas mulleres. E como eran culpables, ían ofrecer un carneiro por ese pecado.
20 Dos fillos de Imer, os que casaran con mulleres estranxeiras foron Hananí e Zebadías;
21 dos fillos de Harim, foron Maaseia, Elías, Semaia, Xehiel e Uzías,
22 e dos fillos de Paxur, foron Elioenai, Maaseia, Ismael, Netanel, Xozabad e Eleasá.
23 Dos levitas, foron Xozabad, Simeí, Quelaías (é dicir, Quelitá), Petahías, Xudá e Eliezer;
24 dos cantores, foi Eliaxib, e dos porteiros, foron Salum, Télem e Urí.
25 Dos israelitas, dos fillos de Parós, foron Ramías, Izías, Malquilla, Millamín, Eleazar, Malquilla e Benaia;
26 dos fillos de Elam, foron Matanías, Zacarías, Xehiel, Abdí, Xeremot e Elías;
27 dos fillos de Zatú, foron Elioenai, Eliaxib, Matanías, Xeremot, Zabad e Azizá;
28 dos fillos de Bebai, foron Xehohanán, Hananías, Zabai e Atlai;
29 dos fillos de Baní, foron Mexulam, Maluc, Adaías, Xasub, Xeal e Xeremot;
30 dos fillos de Pahat-Moab, foron Adná, Quelal, Benaia, Maaseia, Matanías, Bezalel, Binuí e Manasés;
31 dos fillos de Harim, foron Eliezer, Ixilla, Malquilla, Semaia e Ximeón;
32 dos fillos de Benxamín, foron Maluc e Xemarías;
33 dos fillos de Haxum, foron Matenai, Matatá, Zabad, Elifélet, Xeremai, Manasés e Simeí;
34 dos fillos de Baní, foron Maadai, Amram, Uel,
35 Benaia, Bedeías, Queluí,
36 Vanías, Meremot, Eliaxib,
37 Matanías, Matenai e Xaasú;
38 dos fillos de Binuí, foron Simeí,
39 Xelemías, Natán, Adaías,
40 Macnadebá, Xaxai, Xarai,
41 Azarel, Xelemías, Xemarías,
42 Salum, Amarías e Xosé,
43 e dos fillos de Nebo, foron Xeiel, Matitías, Zabad, Zebiná, Xadai, Xoel e Benaia.
44 Todos eles casaran con mulleres estranxeiras, e botáronas a elas e ós seus fillos.
Notas ó pé
^ Ou “Fómoslle infieis ó”.
^ Ou “ó levar para as nosas casas”.
^ Lit. “tremen ante”.
^ Ou “comedor”. Estes cuartos usábanse como almacéns, comedores ou para outras cousas.
^ Ou “infidelidade”.
^ Lit. “da congregación”.
^ O noveno mes que se menciona aquí vai desde mediados de novembro ata mediados de decembro. Ver apén. B15.
^ Ou “infieis”.
^ O décimo mes que se menciona aquí vai desde mediados de decembro ata mediados de xaneiro. Ver apén. B15.
^ O primeiro mes que se menciona aquí vai desde mediados de marzo ata mediados de abril. Ver apén. B15.
^ Lit. “déronse a man para”.

