Os Salmos 137:1-9

137  Á beira dos ríos de Babelsentabámonos e chorabamos,lembrándonos de Sión.   Nos salgueiros das ribeiraspendurámo-las cítolas,   pois os nosos carcereiros pedíannos cántigase os nosos verdugos himnos alegres: —“Cantádenos cántigas de Sión”.   ¿Como cantar un canto do Señorestando en terra allea?   Se me esquecese de ti, Xerusalén,que seque a miña man dereita;   que se apegue a miña lingua ó padal,se deixo de pensar en ti,se non poño a Xerusalénpor riba de toda ledicia.   Tómalles contas, Señor, ós edomitasdo día de Xerusalén,cando dicían: —“Arrasádea, arrasádea,ata os alicerces”.   Babilonia estragadora,bendito quen che pagueco mal que nos fixeches;   bendito quen colla os teus pícarose os estrele contra as pedras.

Notas ó pé