Os Salmos 19:1-14
(19:1) Do mestre do coro. Salmo, de David.
19 (19:2) Os ceos proclaman a gloria de Deus,o firmamento pregoa as obras das súas mans.
2 (19:3) Un día pásalle ó outro a mensaxe,unha noite transmítelle á outra a noticia.
3 (19:4) Sen que falen nin conten,sen que se sinta a súa voz,
4 (19:5) por toda a terra vai o seu anuncio,ata os confíns do mundo a súa palabra.
Ó sol púxolle alá no ceo unha tenda:
5 (19:6) coma un desposado, sae da súa alcobae, ledo coma un heroe, percorre o seu camiño.
6 (19:7) Ten nun extremo do ceo a saídae, no seu xiro, chega ó outro extremo:
nada se sustrae á súa calor.
7 (19:8) A lei do Señor é perfecta:
reconforta a alma;a declaración do Señor é firme:
fai sabio ó inxenuo;
8 (19:9) os mandatos do Señor son rectos:
aledan o corazón;o precepto do Señor é limpo:
ilumina os ollos;
9 (19:10) o temor do Señor é puro:
permanece por sempre;as decisións do Señor son verdadeiras:
enteiramente xustas.
10 (19:11) Son máis cobizables có ouromáis có metal precioso;son máis doces có mel,máis có zume da antera.
11 (19:12) Aínda que o teu servo os quere cumprire pon coidado en gardalos,
12 (19:13) ¿quen se decata dos erros?
Límpame ti de canto se me esquece,
13 (19:14) preserva ó teu servo da soberbia,para que non me domine.
Entón serei perfecto,limpo de pecados graves.
14 (19:15) Dígnate acepta-la palabrada miña boca,e o sentir do meu corazón,Señor, a miña rocha e o meu redentor.