Os Salmos 138:1-8

(138:1) De David. 138  Douche as gracias, Señor, de todo corazón,cántoche diante dos anxos;   póstrome cara ó teu temploe bendigo o teu nome,polo teu amor e a túa fidelidade. Mesmo máis grande cá túa sonafixéche-la túa promesa.   Cando te chamo, ti respóndesmee acrecénta-las miñas forzas.   Daranche as gracias, Señor,tódolos reis da terra,cando oian os ditos da túa boca.   Cantarán os camiños do Señor,pois grande é a gloria do Señor.   Abofé, o Señor é excelso: pon a súa atención nos humildese coñece os soberbios desde lonxe.   Cando me vexo en apreto,ti consérvasme a vida. Contra o furor dos meus inimigosesténde-la túa man,a túa dereita libérame:   o Señor leva ata o final a miña causa. O teu amor, Señor, é eterno;non abandóne-las obras das túas mans.

Notas ó pé