Os Salmos 39:1-13

(39:1) Do mestre do coro, segundo Iedutún. Salmo, de David. 39  (39:2) Propúxenme coidar do meu comportamento,non errar coa miña lingua,gardar con freo a miña boca,namentres o impío está diante.   (39:3) Afundinme no silencio, calei diante da sorte,pero a miña dor recrudeceu.   (39:4) O corazón ardíame por dentro,o meu cavilar botaba lume,e deixei libre a miña lingua.   (39:5) Móstrame, Señor, cal é o meu porvir,cal a medida dos meus días,para que entenda o efímero que son.   (39:6) Déchesme vida de poucos palmos,a miña existencia é unha nada ante ti. Como moito, é un soproo que dura un home.   (39:7) Vaise coma unha sombra. Axítase para nada,atesoura sen saber para quen.   (39:8) E agora, Señor, ¿que esperanza me queda? A miña confianza está en ti.   (39:9) Líbrame ti dos meus pecados,non me expoñas á burla dos parvos.   (39:10) Eu calo; non quero abri-la boca,pois es ti quen actúa. 10  (39:11) Arreda os teus golpes de min,pois desfaime o furor da túa man. 11  (39:12) Ti castíga-los homes para escarmentoe como a traza róe-la súa fermosura: soamente un sopro son os homes. 12  (39:13) Escoita, Señor, a miña oración,atende a miña queixae non fága-lo xordo ás miñas bágoas. Eu son para ti un forasteiro,un peregrino coma os meus antepasados. 13  (39:14) Deixa de espreitarme, para que poida alentar,antes de que me vaia e non exista.

Notas ó pé