Os Salmos 21:1-13

(21:1) Do mestre do coro. Salmo, de David. 21  (21:2) Señor, co teu poder alégrase o rei,exulta coa túa victoria.   (21:3) Ti outórgaslle o que arela o seu corazón,non lle néga-lo que piden os seus labios.   (21:4) Sáeslle ó encontro coa túa bendicióne poslle na cabeza coroa de ouro fino.   (21:5) Pídeche vida, e ti dáslleduranza de días sen fin.   (21:6) A súa gloria medra coa túa axuda;revístelo de honor e maxestade.   (21:7) Dáslle constante bendición,alégralo coa túa presencia.   (21:8) O rei confía no Señor,e co favor do Altísimo non cae.   (21:9) Aprese a túa man a tódolos teus inimigos,agarre a túa dereita ós que te odian;   (21:10) préndelles lume, coma a un forno,na hora en que te mostres. Que o Señor os consuma na súa ira,que enteiros o lume os engula. 10  (21:11) Extirpa da terra o seu froito,a súa caste de entre os homes. 11  (21:12) Anque boten maldade sobre tie urdan insidias, non han prevalecer, 12  (21:13) pois ti faralos fuxir,tensara-lo arco contra eles. 13  (21:14) Érguete, Señor, no teu poder;nós cantaremos con salmos a túa forza.

Notas ó pé