Os Salmos 45:1-17
(45:1) Do mestre do coro, con cítolas de Xuxán. Dos coreítas, maskil. Cántiga de amor.
45 (45:2) No meu corazón bole unha palabra fermosa:
vou recitar unha cántiga para o rei;a miña lingua é lixeira, coma pluma de escribán.
2 (45:3) Ti e-lo máis fermoso dos nacidos de home,os teus labios deitan a gracia;por iso Deus te bendí para sempre.
3 (45:4) Cingue, valente, a túa espada,ela é o teu brillo e a túa gloria.
4 (45:5) A túa gloria está en loitarpola verdade e pola xustiza;os teus adornos son os escarmentos da túa dereita.
5 (45:6) As túas setas son agudas: diante de ti caen os pobose no medio deles os inimigos do rei.
6 (45:7) O teu trono, coma o de Deus, é duradeiro,un cetro de equidade, o teu cetro real.
7 (45:8) Ti áma-la xustiza e aborréce-la iniquidade;por iso Deus te unxiucon óleo de alegrías, entre os teus compañeiros.
8 (45:9) A mirra, áloe e casia recenden os teus vestidos,en pazos de marfil alégrante as harpas.
9 (45:10) Fillas de reis tes por amigas,e á túa dereita, a raíña, con ouro de Ofir.
10 (45:11) Escoita, filla; olla e atende:
esquece o teu pobo e a casa de teu pai.
11 (45:12) O rei está prendado da túa fermosura:
réndete a el, pois el é o teu señor.
12 (45:13) Os de Tiro veñen con presentes,os próceres dos pobos buscan o teu favor.
13 (45:14) Entra con todo o honor dunha princesa,bordados en ouro os seus vestidos;
14 (45:15) con variado atavío é conducida ó rei,acompañada polas súas doncelas.
Preséntante as amigas,
15 (45:16) condúcente con xúbilo algareiro,introdúcente no pazo do rei.
16 (45:17) No canto de teus pais tera-los teus fillose poralos por príncipes da terra.
17 (45:18) Eu farei que por xeracións se recorde o teu nome,e que por séculos te louven as nacións.