Os Salmos 47:1-9

(47:1) Do mestre do coro. Dos coreítas, salmo. 47  (47:2) Aplaudide, pobos todos,aclamade a Deus con cancións.   (47:3) O Señor é excelso e terrible,o grande rei de toda a terra.   (47:4) El subxuga os pobos para nós,pon debaixo nosa as nacións.   (47:5) Escolle para nós a nosa herdade,orgullo de Xacob, o seu amado.   (47:6) Deus sobe entre aclamacións,o Señor, ó son de trompetas.   (47:7) Cantádelle a Deus, cantádelle,cantádelle ó noso rei, cantádelle.   (47:8) Deus é o rei de toda a terra: cantádelle con xeito.   (47:9) Deus reina sobre as nacións,sentado no seu trono sagrado.   (47:10) Os nobres dos pobos xúntanseco pobo de Deus de Abraham,pois de Deus son os grandes da terra: e El, o máis excelso.

Notas ó pé