Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

As reunións das testemuñas de Xehová

Coñece como son as nosas reunións. Atopa unha na túa zona.

Atopa o lugar máis cercano

Como son as nosas reunións?

As testemuñas de Xehová reunímonos dúas veces por semana para adorar a Deus (Hebreos 10:24, 25). As nosas reunións están abertas ó público e nelas aprendemos o que di a Biblia sobre diversos temas, e como podemos aplicalo na nosa vida.

A maioría inclúen sesións nas que os asistentes poden participar cos seus comentarios. Tódalas nosas reunións empezan e terminan cun cántico e unha oración.

Non tes que ser testemuña de Xehová para asistir. Todo o mundo é benvido. É gratis e non se fan colectas.