Os Salmos 102:1-28
(102:1) Laios dun home aflixido, que expón a súa queixa ante o Señor.
102 (102:2) Señor, escoita a miña súplica,chegue a ti o meu clamor.
2 (102:3) Non me escónda-lo teu rostrono día do apreto.
Pon cara a min o oídoe, cando te chame, respóndeme axiña.
3 (102:4) Os meus días esvaecen coma o fume,os meus ósos queiman coma as ascuas;
4 (102:5) o meu corazón está murcho, seco coma o feno,e mesmo de come-lo pan me esquezo.
5 (102:6) A forza de xemer,a pel apégaseme ós ósos.
6 (102:7) Estou como a curuxa do deserto,coma o moucho nas ruínas.
7 (102:8) Ando sen toca-lo sono,coma paxaro senlleiro no tellado.
8 (102:9) Os inimigos aldráxanme decote,e xuran coma loucos contra min.
9 (102:10) En vez de pan como cinsae mesturo coas bágoas a bebida.
10 (102:11) Con noxo e indignaciónérguesme en alto e tírasme.
11 (102:12) Os meus días son coma sombra alongada,estou seco coma o feno.
12 (102:13) Pero ti, Señor, manteste por sempre;o teu recordo, por tódalas idades.
13 (102:14) Ergueraste e apiadaraste de Sión,pois é tempo de ter dó dela,e a hora xa chegou.
14 (102:15) Os teus servos téñenlles cariño ás súas pedras,teñen dó das súas ruínas.
15 (102:16) As xentes temerán o nome do Señor,os reis da terra a súa gloria,
16 (102:17) cando o Señor reconstrúa Sióne se mostre na súa gloria;
17 (102:18) cando o Señor atenda a oración dos expoliadose non desprece a súa pregaria.
18 (102:19) Isto escribirase para as xeracións vindeiras,e o pobo entón creado louvará ó Señor.
19 (102:20) O Señor olla desde o seu santuario excelso,desde o ceo mira para a terra.
20 (102:21) Escoita o pranto dos cativos,libra os condenados á morte.
21 (102:22) En Sión falarase do nome do Señor,en Xerusalén da súa gloria,
22 (102:23) cando pobos e reinos se xuntenpara daren culto ó Señor.
23 (102:24) A miña forza deveceu no camiño,os meus días minguaron.
24 (102:25) E digo: -“Meu Deus,non me leves no medio dos meus días;os teus anos duran por tódalas idades.
25 (102:26) Ó comezo asentáche-la terrae os ceos son obra das túas mans.
26 (102:27) Eles pasan, mais ti quedas;gástanse coma a roupa,coma un traxe que se muda;
27 (102:28) pero ti e-lo mesmo,os teus anos non acaban.
28 (102:29) Os fillos dos teus servos estableceranse,a súa posteridade estará segura á túa vista”.