Os Salmos 69:1-36
(69:1) Do mestre do coro, con cítolas de Xuxán. De David.
69 (69:2) Sálvame, Deus,que me chegan as augas ó pescozo;
2 (69:3) que me estou afogando nunha lama profunda,sen poder facer pé;que me estou mergullando no abismo das augas,envolto polas correntes.
3 (69:4) Estou esgotado de berrar,a miña gorxa está rouca;os meus ollos anúbanseagardando ó meu Deus.
4 (69:5) Son máis cós meus cabelosos que me aborrecen sen razón,máis duros cós meus ósosos que inxustamente me perseguen;debo devolve-lo que nunca roubei.
5 (69:6) Ti, Deus, coñéce-la miña ignorancia,os meus delitos non se che esconden.
6 (69:7) Que en min non se defrauden os que esperan en ti,Señor, Señor dos exércitos;non se avergoncen por min os que te buscan,Deus de Israel.
7 (69:8) Por ti aturo eu afrentase cóbreme a cara a vergonza.
8 (69:9) Volvinme estraño para meus irmáns,alleo ós fillos da miña nai.
9 (69:10) Consómeme o celo da túa casae as aldraxes dos que te aldraxancaen enriba de min.
10 (69:11) Se me aflixo co xexún,fan escarnio de min;
11 (69:12) se me visto de saco,vólvome o conto de todos:
12 (69:13) sentados á porta murmuran contra mine sácanme coplas, mentres beben.
13 (69:14) Mais eu, Señor, suplico cara a ti,na hora, meu Deus, do teu favor.
Pola túa moita bondade,respóndeme, pois ti e-lo socorro verdadeiro.
14 (69:15) Sácame da lama e que non afogue,líbrame dos que me aborrecene das augas sen fondo.
15 (69:16) Non me envolvan as correntes,non me engula o remuíñoe non peche o pozo a boca sobre min.
16 (69:17) Respóndeme, Señor, conforme ó teu amor,pola túa misericordia, vólvete a min.
17 (69:18) Non escónda-la túa cara ó teu servo;estou no apreto; respóndeme axiña;
18 (69:19) achégate a min, rescátame,líbrame dos meus inimigos.
19 (69:20) Ti coñéce-la miña afronta,a miña aldraxe, o meu oprobio;á túa vista están os que me asoballan.
20 (69:21) A afronta québrame o corazón, e desfalezo,agardo compaixón, e non a hai;quen me console, e non o atopo.
21 (69:22) Na comida bótanme fele para a sede danme vinagre.
22 (69:23) Que se lles converta en lazo a súa mesae os seus banquetes nunha trampa;
23 (69:24) que se lles anuben os ollos e non vexane que lles treman os lombos.
24 (69:25) Verte a túa ira sobre eles,e que o teu noxo os atrape.
25 (69:26) Que os seus campamentos sexan arrasadose que non haxa habitantes nas súas tendas.
26 (69:27) Xa que abouran a quen ti ferichese contan as chagas da túa víctima,
27 (69:28) engádelles culpas sobre culpase non teñan acceso á túa xustificación.
28 (69:29) Sexan borrados do libro dos vivose non sexan inscritos entre os xustos.
29 (69:30) Mais a min, pobre e doente,érgueme, Deus, co teu socorro.
30 (69:31) Louvarei a Deus con cantos,gabareino con acción de gracias.
31 (69:32) Praceralle ó Señor máis ca un touro,ca un xuvenco de cornos e de unllas.
32 (69:33) Olládeo, humildes, e alegrádevos,avivecede o corazón os que buscáde-lo Señor,
33 (69:34) pois o Señor escoita ós humildes,non despreza ós seus na cadea.
34 (69:35) Lóuvente o ceo e maila terra.
35 (69:36) Abofé, salvará Deus a Sión:
recomporá as vilas de Xudá,haberá quen as herde e as habite.
36 (69:37) Herdaranas os fillos dos seus servos,habitaranas os que aman o seu nome.