Os Salmos 6:1-10

(6:1) Do mestre do coro, con instrumentos de corda, co octacordio. Salmo, de David. 6  (6:2) Señor, non me reprendas con iranin me corrixas con asaño.   (6:3) Apiádate, Señor, que estou esmorecido,sáname, Señor, que tremen os meus ósos.   (6:4) A miña alma treme,e ti, Señor, ¿a que esperas?   (6:5) Volve, Señor, sálvame a vida,líbrame, pola túa misericordia.   (6:6) Non hai entre os mortos quen te lembre,e no abismo ¿quen te louva?   (6:7) Estou esgotado de tanto xemer: de noite rego cos choros o meu leitoe mollo de bágoas a miña cama.   (6:8) Os meus ollos están anubados coa dor,avellados, por culpa dos opresores.   (6:9) Arredádevos de min os malfeitores,pois o Señor escoita o meu salouco;   (6:10) o Señor escoita a miña súplica,acolle a miña oración. 10  (6:11) Avergonzaranse e tremerán os meus inimigos,nun instante voltarán avergonzados.

Notas ó pé