Carta a Tito 2:1-15

  • Ensinanza beneficiosa para os novos e os maiores (1-15)

    • Rechazar todo o que está en contra da vontade de Deus (12)

    • “Desexando facer boas obras” (14)

2  Pero ti sigue falando do que está de acordo coa ensinanza beneficiosa*. 2  Que os homes maiores sexan moderados nos seus hábitos e confiables*, que teñan bo xuízo e que a súa fe, o seu amor e o seu aguante sexan fortes. 3  Da mesma maneira, que as mulleres maiores se comporten dunha forma que lle dea honra a Deus, que non sexan calumniadoras, que non teñan o vicio de beber moito viño* e que sexan mestras do que está ben. 4  Así poderán aconsellar ás* mulleres máis novas para que amen os seus maridos e os seus fillos, 5  para que teñan bo xuízo e sexan puras*, para que coiden ben da súa casa* e sexan boas, e para que respecten a autoridade dos* seus maridos. Desta forma, non se poderá falar mal da palabra de Deus. 6  Da mesma maneira, sigue aconsellando ós homes máis novos para que teñan bo xuízo 7  e demostra que ti mesmo es un exemplo de boas obras en todo sentido. Tómate en serio a túa ensinanza e ensina o que é puro* 8  con palabras beneficiosas* que non se poidan criticar, para que os que se opoñen queden avergonzados por non ter nada negativo que dicir de nós. 9  Que os escravos respecten a autoridade dos* seus donos en tódalas cousas: que intenten agradarlles, que non lles contesten mal 10  e que non lles rouben, senón que demostren que se pode confiar completamente neles, para que lles dean honra en tódolos sentidos ás ensinanzas* do noso Salvador, Deus. 11  Porque Deus demostrou a súa bondade inmerecida traendo salvación a todo tipo de persoas. 12  Esta bondade inmerecida ensínanos a rechazar todo o que está en contra da vontade de Deus e os desexos do mundo, e a vivir con bo xuízo, xustiza e devoción a Deus no medio deste sistema*, 13  mentres esperamos que se cumpra a feliz esperanza e que tanto o gran Deus como o noso Salvador, Xesucristo, demostren a súa gloria. 14  El entregouse a si mesmo por nós para liberarnos* de todo tipo de maldade*, e para purificar para si mesmo un pobo que é a súa propiedade especial e que está desexando facer boas obras. 15  Sigue falando destas cousas, e aconsellando* e censurando con toda autoridade. Non deixes que ninguén te menosprece.

Notas ó pé

Ou “saudable”.
Ou “serios”.
Ou “que non estean escravizadas a moito viño”.
Ou “facer que recuperen o bo xuízo as”, “ensinarlles ás”.
Ou “castas”.
Ou “sexan traballadoras na casa”.
Ou “estean suxeitas ós”.
Ou “Ensina o que é puro con toda seriedade”. Ou quizais “Ensina con pureza”.
Ou “saudables”.
Ou “estean suxeitos ós”.
Lit. “para que adornen a ensinanza”.
Ou “desta era”. Ver glosario sistema.
Lit. “rescatarnos”, “redimirnos”.
Ou “cousas contrarias á lei”.
Ou “animando”, “exhortando”.