Xosué 21:1-45

  • As cidades para os levitas (1-42)

    • Para os descendentes de Aarón (9-19)

    • Para o resto dos cohatitas (20-26)

    • Para os guerxonitas (27-33)

    • Para os meraritas (34-40)

  • As promesas de Xehová cúmprense (43-45)

21  Entón os xefes das casas paternas dos levitas acercáronse ó sacerdote Eleazar, a Xosué o fillo de Nun e ós xefes das casas paternas das tribos de Israel, 2  e dixéronlles en Siló, na terra de Canaán: “Por medio de Moisés, Xehová mandou que se nos desen cidades onde vivir, xunto cos seus campos de pasto para o noso gando”. 3  Así que os israelitas déronlles da súa propia herdanza ós levitas algunhas cidades xunto cos seus campos de pasto, tal como mandara Xehová. 4  Cando se botaron sortes, primeiro tocoulles ás familias dos cohatitas. Os levitas que eran descendentes do sacerdote Aarón recibiron por sorteo 13 cidades da tribo de Xudá, da tribo de Simeón e da tribo de Benxamín. 5  E ó resto dos cohatitas tocáronlles* 10 cidades das familias da tribo de Efraín, da tribo de Dan e da media tribo de Manasés. 6  E ós guerxonitas tocáronlles 13 cidades das familias da tribo de Isacar, da tribo de Aser, da tribo de Neftalí e da media tribo de Manasés en Basán. 7  Os meraritas recibiron 12 cidades da tribo de Rubén, da tribo de Gad e da tribo de Zabulón, que foron repartidas entre as súas familias. 8  Así, os israelitas déronlles por sorteo ós levitas estas cidades e os seus campos de pasto, tal como mandara Xehová por medio de Moisés. 9  Da tribo de Xudá e da tribo de Simeón deron as cidades que se mencionan aquí por nome. 10  Déronllelas ós levitas que eran descendentes de Aarón, que formaban parte das familias dos cohatitas, porque a eles tocoulles primeiro no sorteo. 11  Déronlles Quiriat-Arbá (Arbá era o pai de Anac), é dicir, Hebrón, na rexión das montañas de Xudá, e os campos de pasto do arredor. 12  Pero os campos que eran da cidade e os seus poboados déronllos en propiedade a Caleb, o fillo de Xefuné. 13  E ós descendentes de Aarón, o sacerdote, déronlles unha cidade de refuxio para os homicidas, en concreto Hebrón cos seus campos de pasto. Ademais, tamén lles deron estas cidades: Libná cos seus campos de pasto, 14  Xatir cos seus campos de pasto, Estemoa cos seus campos de pasto, 15  Holón cos seus campos de pasto, Debir cos seus campos de pasto, 16  Ain cos seus campos de pasto, Xutá cos seus campos de pasto e Bet-Xemes cos seus campos de pasto, nove cidades destas dúas tribos: Xudá e Simeón. 17  E da tribo de Benxamín: Gabaón cos seus campos de pasto, Gueba cos seus campos de pasto, 18  Anatot cos seus campos de pasto e Almón cos seus campos de pasto, catro cidades. 19  En total, ós descendentes de Aarón, ós sacerdotes, déronlles 13 cidades cos seus campos de pasto. 20  E as demais familias cohatitas, que formaban parte dos levitas, recibiron por sorteo algunhas cidades da tribo de Efraín. 21  Déronlles unha cidade de refuxio para os homicidas, en concreto Siquem cos seus campos de pasto, na rexión das montañas de Efraín. Tamén lles deron Guézer cos seus campos de pasto, 22  Quibsaim cos seus campos de pasto e Bet-Horón cos seus campos de pasto, catro cidades. 23  E da tribo de Dan: Eltequé cos seus campos de pasto, Guibetón cos seus campos de pasto, 24  Aialón cos seus campos de pasto e Gat-Rimón cos seus campos de pasto, catro cidades. 25  E da media tribo de Manasés: Taanac cos seus campos de pasto e Gat-Rimón cos seus campos de pasto, dúas cidades. 26  En total, as demais familias cohatitas recibiron 10 cidades xunto cos seus campos de pasto. 27  E os guerxonitas, que formaban parte das familias dos levitas, recibiron da media tribo de Manasés unha cidade de refuxio para os homicidas, en concreto Golán, en Basán, cos seus campos de pasto. Tamén recibiron deles Beesterá cos seus campos de pasto, dúas cidades. 28  E da tribo de Isacar: Quixión cos seus campos de pasto, Daberat cos seus campos de pasto, 29  Xarmut cos seus campos de pasto e En-Ganim cos seus campos de pasto, catro cidades. 30  E da tribo de Aser: Mixal cos seus campos de pasto, Abdón cos seus campos de pasto, 31  Helcat cos seus campos de pasto e Rehob cos seus campos de pasto, catro cidades. 32  E da tribo de Neftalí: Quedes, que era unha cidade de refuxio para os homicidas e que estaba en Galilea, cos seus campos de pasto, e tamén Hamot-Dor cos seus campos de pasto e Cartán cos seus campos de pasto, tres cidades. 33  En total, os guerxonitas recibiron 13 cidades cos seus campos de pasto, que se repartiron entre as súas familias. 34  E as familias dos meraritas, o resto dos levitas, recibiron da tribo de Zabulón: Xocneam cos seus campos de pasto, Cartá cos seus campos de pasto, 35  Dimná cos seus campos de pasto e Nahalal cos seus campos de pasto, catro cidades. 36  E da tribo de Rubén: Béser cos seus campos de pasto, Xahas cos seus campos de pasto, 37  Quedemot cos seus campos de pasto e Mefaat cos seus campos de pasto, catro cidades. 38  E da tribo de Gad: Ramot, que era unha cidade de refuxio para os homicidas e que estaba en Galaad, cos seus campos de pasto, e tamén Mahanaim cos seus campos de pasto, 39  Hesbón cos seus campos de pasto e Xazer cos seus campos de pasto, en total catro cidades. 40  En total, ós meraritas, é dicir, ó resto das familias dos levitas, tocáronlles 12 cidades, que foron repartidas entre as súas familias. 41  Dentro do territorio dos israelitas, os levitas recibiron un total de 48 cidades xunto cos seus campos de pasto. 42  Cada unha destas cidades estaba rodeada polos seus campos de pasto. Isto era igual en todas estas cidades. 43  Así foi como Xehová lle deu a Israel toda a terra que prometera darlles ós seus antepasados, e eles ocupárona e quedaron a vivir nela. 44  Ademais, Xehová permitiulles vivir en paz en toda aquela terra, tal como lles prometera ós seus antepasados, e ningún dos seus inimigos puido facerlles fronte. Xehová entregoulles a tódolos seus inimigos nas súas mans. 45  De tódalas boas promesas que lle fixera Xehová ó pobo de Israel, non fallou ningunha*, todas se cumpriron.

Notas ó pé

Ou “déronlles por sorteo”.
Ou “ningunha palabra”.