Segunda Carta de Pedro 2:1-22
2 Pero tal como houbo profetas falsos entre o pobo de Israel, tamén haberá mestres falsos entre vós. Eles introducirán ás escondidas seitas* destrutivas e incluso rechazarán o dono* que os comprou. Desta maneira, farán que veña sobre eles unha destrución rápida.
2 Ademais, moitos imitarán a súa conduta descarada*, e por culpa deles falarase mal do camiño da verdade.
3 E con cobiza* aproveitaranse de vós usando palabras enganosas. Pero xa hai tempo que se decidiu a súa condena, e non se retrasará. A súa destrución é segura.
4 De feito, Deus non se contivo de castigar os anxos que pecaron, senón que os botou no Tártaro*, encadeounos en* profunda escuridade e reservounos para o xuízo.
5 Tampouco se contivo de castigar un mundo antigo, cando trouxo un diluvio sobre un mundo cheo de persoas malvadas* pero salvou a Noé, que era un predicador de xustiza, e a sete persoas máis.
6 Tamén condenou as cidades de Sodoma e Gomorra cando as queimou por completo ata que só quedaron cinzas. Iso serve de advertencia do que lle vai pasar á xente malvada*.
7 Pero rescatou o xusto Lot, que estaba moi angustiado pola conduta descarada* das persoas malvadas,
8 porque mentres vivía no medio deles, aquel home xusto sufría moito* polas cousas malas que vía e escoitaba tódolos días.
9 Polo tanto, Xehová* sabe como salvar das probas ós que lle son fieis*, pero reserva ós inxustos para que sexan destruídos no día de xuízo*,
10 sobre todo ós que buscan contaminar* o corpo doutros e desprezan a autoridade.
Como son atrevidos e cabezóns, non lles dá medo falar de maneira ofensiva dos gloriosos*.
11 En cambio, os anxos, aínda que son superiores en forza e poder, non os acusan con palabras ofensivas por respecto a* Xehová*.
12 Pero estes homes, que son coma animais irracionais que actúan por instinto e naceron para ser capturados e destruídos, falan de maneira ofensiva de cousas que non saben. As cousas malas que fan levaranos á destrución.
13 E serán castigados como consecuencia do seu mal comportamento.
Para eles é un pracer entregarse a unha vida de excesos, incluso en pleno día. Son coma manchas e defectos que desfrutan das* súas ensinanzas enganosas mentres celebran banquetes con vós.
14 Os seus ollos están cheos de adulterio, non son capaces de deixar de pecar e seducen ós que están débiles na fe*. O seu corazón está cheo de* cobiza*. Son fillos malditos.
15 Abandonaron o camiño recto e desviáronse. Seguiron o camiño de Balaam, o fillo de Beor, que amou a recompensa de facer o que está mal
16 pero que foi reprendido polo seu mal comportamento. Un animal de carga que non podía falar falou con voz humana e intentou impedir o comportamento insensato do profeta.
17 Eles son coma fontes sen auga e coma nubes levadas por unha tormenta moi forte, e espéralles a escuridade máis densa.
18 Din cousas que parecen impresionantes pero que en realidade non teñen ningún valor. Apelando ós desexos da carne e por medio de actos de conduta descarada*, seducen a persoas que escaparon hai pouco dos que fan o que está mal.
19 Aínda que vos prometen liberdade, eles mesmos son escravos da corrupción. Porque se alguén* te vence, convérteste no seu escravo.
20 De feito, se despois de escapar da contaminación do mundo grazas a un coñecemento exacto do Señor e Salvador Xesucristo se volven a involucrar nestas mesmas cousas e se deixan dominar por elas, acaban peor do que estaban ó principio.
21 Seríalles mellor que non chegasen a coñecer con exactitude o camiño da xustiza que coñecelo e despois apartarse do santo mandamento que recibiron.
22 Pasoulles o que di este proverbio* tan certo: “O can volveu ó seu propio vómito, e a porca que foi bañada volveu a tirarse no barro”.
Notas ó pé
^ É dicir, Xesús.
^ Ou “os seus actos de conduta desvergonzada”. Aquí a palabra grega asélgueia aparece en plural. Ver glosario conduta descarada.
^ É dicir, desexo excesivo de ter algo.
^ Ou quizais “botounos en fosos de”.
^ Ou “irreverentes”.
^ Ou “irreverente”.
^ Ou “lle teñen devoción”.
^ É dicir, contaminar con inmoralidade sexual.
^ É dicir, os que teñen grandes responsabilidades na congregación.
^ Ou “ante”.
^ Ou “que se entregan cun pracer desenfreado ás”.
^ Ou “inestables”.
^ Ou “Teñen o corazón adestrado na”.
^ É dicir, desexo excesivo de ter algo.
^ Ou “actos de conduta desvergonzada”. Aquí a palabra grega asélgueia aparece en plural. Ver glosario conduta descarada.
^ Ou “algo”.

