A sección Audio contén varias coleccións de audio, como música, obras teatrais e lecturas da Biblia dramatizadas.

(Nota. É posible que o teu mando a distancia Siri non sexa idéntico ó empregado nas imaxes deste titorial).

Selecciona Audio na pantalla de inicio de JW Broadcasting para ver as coleccións de audio dispoñibles. Sigue estes pasos para buscar e reproducir programas de audio:

 Como reproducir un programa de audio

Cada ringleira representa unha colección de programas de audio. O nome da colección aparece enriba da ringleira.

  • Move o dedo cara Arriba ou cara Abaixo para ir a outra colección.

  • Move o dedo cara á Esquerda ou cara á Dereita para desprazarte polos programas de audio dunha colección. A imaxe do programa seleccionado farase un pouco máis grande cás outras.

  • Preme na superficie Touch do teu mando a distancia para seleccionar o programa resaltado e cargar a pantalla cos detalles do programa de audio.

Selecciona unha das seguintes accións:

  • Reproducir. Para reproducir o programa de audio dende o principio.

  • Reproducir todo. Para reproducir tódolos programas de audio da colección seleccionada comezando polo que aparece na pantalla. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.

  • Continuar. Para continuar escoitando o programa de audio onde o deixaches.

A ringleira que aparece debaixo da pantalla cos detalles do programa de audio mostra outros programas da mesma colección. Desprázate cara Abaixo para acceder á colección, e cara Arriba para volver á pantalla cos detalles do programa de audio.

 Como reproducir unha colección de audio

A maiores de reproducir un programa de audio, podes escoitar unha colección enteira. Vai á colección de audio que queres escoitar e selecciona unha das seguintes opcións:

  • Reproducir todo. Reproduce tódolos programas da colección comezando polo primeiro.

  • Aleatorio. Reproduce tódolos programas da colección en orde aleatoria.

A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas.

 Como usar as opcións de reprodución

Namentres se está reproducindo un programa de audio, podes controlar a reprodución co teu mando a distancia Siri:

  • Reproducir/Pausa. Podes parar a reprodución. Volve premer no mesmo botón para continuar a reprodución. Para reproducir ou parar, tamén podes premer na área central da superficie Touch.

  • Retroceder. Pausa a reprodución e desprázate co dedo cara á esquerda para retroceder no audio. Preme no botón Reproducir/Pausa para continuar a reprodución.

  • Avanzar. Pausa a reprodución e desprázate co dedo cara á dereita para avanzar no audio. Preme no botón Reproducir/Pausa para continuar a reprodución.

  • Saltar e avanzar. Para avanzar dez segundos, pon o dedo na parte dereita da superficie Touch.

  • Na parte de abaixo da pantalla, aparecerá unha icona de avanzar na barra de reprodución do audio. Para avanzar, preme na superficie Touch.

  • Saltar e retroceder. Para retroceder dez segundos, pon o dedo na parte esquerda da superficie Touch.

  • Na parte de abaixo da pantalla, aparecerá unha icona de retroceder na barra de reprodución do audio. Para retroceder, preme na superficie Touch.

  • Menú. Para volver á pantalla cos detalles do programa de audio.