Como atopar contidos en JW Broadcasting usando a función Buscar.

Vai á sección Buscar na pantalla de inicio e fai clic en Seleccionar para ver o recadro de Busca. A continuación volve facer clic en Seleccionar para comezar a túa busca.

Introduce no recadro Buscar as palabras relacionadas coa túa busca premendo nas letras unha a unha e a continuación fai clic en Seleccionar. Por exemplo, introduce parte do título, do nome da persoa ou do evento que aparece no programa. Segundo vaias escribindo, van ir aparecendo os resultados que coinciden coa túa busca. Usa o mando a distancia para desprazarte polos resultados coas teclas Arriba, Abaixo, Esquerda e Dereita. Marca a imaxe ou o título do programa que estabas a buscar e fai clic en Seleccionar.

Para buscar unha frase exacta do título do programa, escribe a frase entre comiñas.

Nos resultados da busca aparecerán programas de audio e de vídeo. Para filtrar os resultados da busca, fai clic en Vídeo ou en Audio para buscar só vídeos ou só audios.

Aparecerán os primeiros 24 resultados que coincidan coa túa busca. O número total de resultados aparecerá indicado (por exemplo “mostrando 24 de 28”).

Se non aparece o que estás a buscar, reduce a túa busca introducindo termos máis específicos. Por exemplo, se estás a buscar un programa mensual en concreto e introduciches a palabra “programa”, engade o mes e o ano, o nome do presentador, ou o tema principal do programa.