Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

JW BROADCASTING

Preguntas frecuentes acerca de JW Broadcasting para Roku

Preguntas frecuentes acerca de JW Broadcasting para Roku

É posible que as palabras da busca non sexan as correctas. Vai á sección de axuda Como instalar JW Broadcasting en Roku. Tamén é posible que o teu dispositivo non sexa compatible. JW Broadcasting non é compatible con dispositivos Roku de primeira xeración.

 

Podes ver unha lista cos idiomas dispoñibles en Roku. Para cambiar o idioma, vai a Axustes na pantalla principal e escolle a opción Seleccionar idioma.

 

Podes descargar e usar a aplicación JW Broadcasting de xeito gratuíto.

 

É preciso dispoñer dunha tarxeta de crédito válida para crear unha conta de Roku, xa que non tódolos contidos na Roku Channel Store son gratuítos. Só se efectuará un cargo se realizas algunha compra. Se desexas máis información, consulta a sección de axuda de Roku.

 

Durante uns meses, non estará dispoñible a función Reproducir con subtítulos para algúns dos últimos vídeos publicados na canle de JW Broadcasting para Roku. Os usuarios de Roku que precisen dos subtítulos poden ver estes vídeos en tv.jw.org dende un ordenador ou un dispositivo móbil. Para activar os subtítulos, fai clic no botón Opcións e marca o recadro Mostrar subtítulos se están dispoñibles.

 

Podes pedirlle axuda a un amigo que estea familiarizado con Roku ou con JW Broadcasting. Se a túa pregunta está relacionada coa túa conta ou co teu dispositivo Roku, podes consultar a axuda en liña de Roku. Se tes algún problema coa aplicación JW Broadcasting, ponte en contacto coa sucursal máis preto de ti.