Na sección Vídeos podes ver calquera vídeo de JW Broadcasting usando as opcións de reprodución (pausa, retroceder, avanzar e saltar). Podes ver un vídeo ou tódolos vídeos dunha colección.

(Nota. As imaxes do mando a distancia Roku que aparecen nesta sección de axuda poden ser distintas ás do teu mando).

Selecciona Vídeos na pantalla de inicio para ver as categorías de vídeo dispoñibles. Sigue estes pasos para buscar e reproducir os programas de vídeo:

 Como atopar un vídeo

Usa as frechas do teu mando a distancia Roku para navegar polo menú da categoría. Preme en OK para seleccionar a categoría resaltada.

Algúns vídeos poden aparecer listados en varias categorías. Por exemplo, o vídeo O que din outros mozos. Crer en Deus aparece en Adolescentes e A Biblia. Cada ringleira representa unha colección de programas de vídeo. O título da colección aparecerá enriba da ringleira.

Usa o teu mando a distancia para desprazarte polas coleccións:

  • Preme en Arriba ou Abaixo para cambiar de colección.

  • Usa Esquerda e Dereita para desprazarte dun vídeo a outro dentro dunha colección.

  • Cada colección contén a opción Reproducir todo. Selecciona esta opción para reproducir tódolos vídeos da colección, comezando polo primeiro. A reprodución parará logo de que se reproduzan os vídeos de toda a colección.

Selecciona un vídeo para ver a pantalla cos detalles do vídeo.

Selecciona unha das seguintes accións na pantalla:

  • Continuar. Esta opción só aparece cando non remataches de ver o vídeo. Selecciona esta opción para seguir vendo o vídeo onde o deixaches.

  • Reproducir ou reproducir dende o comezo. Para reproducir o programa de vídeo dende o principio.

  • Reproducir con subtítulos. Esta opción só aparece se están dispoñibles os subtítulos para o programa de vídeo seleccionado. Ó seleccionar esta opción, reproducirase o vídeo con subtítulos e activaranse os subtítulos (se están dispoñibles) para tódolos programas de vídeo das seccións En directo e Vídeos. Para desactivar os subtítulos, selecciona Reproducir sen subtítulos.

  • Reproducir toda a colección. Para reproducir tódolos programas de vídeo da colección seleccionada comezando polo que aparece na pantalla. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.

Os detalles dos demais vídeos da colección aparecerán embaixo nunha ringleira. Preme Abaixo para acceder ou Arriba para volver á pantalla cos detalles do vídeo.

 Como usar as opcións de reprodución

Namentres se está reproducindo un programa de vídeo, podes controlar a reprodución co teu mando a distancia Roku:

  • Reproducir/Pausa. Podes parar a reprodución. Volve premer no mesmo botón para continuar a reprodución.

  • Dereita. Para avanzar uns segundos. Non soltes o botón se queres que avance a máis velocidade. Cando a barra de reprodución estea onde desexas, preme o botón Reproducir ou o botón OK.

  • Avanzar. Con esta opción, o vídeo avanzará automaticamente. Cando a barra de reprodución estea onde desexas, preme en Reproducir ou en OK.

  • Esquerda. Para retroceder uns segundos. Non soltes o botón se desexas que retroceda a máis velocidade. Cando a barra de reprodución estea onde desexas, preme en Reproducir ou en OK.

  • Retroceder. Para retroceder cara ó comezo do vídeo. Cando a barra de reprodución estea onde desexas, preme en Reproducir.

  • Volver. Para volver á páxina cos detalles do programa de vídeo.

 Como ver os últimos vídeos e os vídeos recomendados

A pantalla de inicio de JW Broadcasting mostra dúas coleccións de Vídeos especiais:

  1. Recomendados. Inclúe vídeos de especial interese, como os que están relacionados coas nosas reunións semanais.

  2. Vídeos máis recentes. Esta colección inclúe os últimos vídeos engadidos.