Para ver JW Broadcasting en Amazon Fire TV, primeiro debes configurar o teu Amazon Fire TV e instalar a aplicación JW Broadcasting. Sigue as seguintes instrucións:

 Como configurar o teu Amazon Fire TV

O Amazon Fire TV vén acompañado de instrucións para configuralo e conectalo á Internet. Unha vez conectado o Amazon Fire TV, sigue as instrucións de configuración que aparecerán en pantalla para completar a instalación. É probable que precises rexistrar o teu dispositivo Amazon Fire TV co teu nome de usuario e contrasinal.

Nota. Para seguir as instrucións de instalación nun dispositivo móbil precisas estar conectado a Internet.

Para máis información sobre o proceso de instalación, podes ver o vídeo titorial de Amazon Fire TV.

 Como instalar JW Broadcasting en Amazon Fire TV

Vai á pantalla de inicio de Amazon Fire TV, e a continuación instala JW Broadcasting seguindo as instrucións detalladas a continuación:

  • Preme en Arriba ou Abaixo no mando a distancia da teu Amazon Fire TV ata que apareza destacada a opción Buscar.

  • Preme en Seleccionar.

Coa función Buscar podes atopar películas, programas de televisión e series, actores, directores, apps, xogos e canles que coincidan coas palabras que introduciches na busca. Vai ós resultados de busca da sección Enter Apps & Games para atopar JW Broadcasting. Introduce as palabras jw broadcasting.

Cando JW Broadcasting apareza nos resultados da busca, preme na frecha Abaixo para destacar JW Broadcasting entre a listaxe dos resultados e a continuación preme en Seleccionar. Preme na frecha Dereita ata que apareza destacada a app JW Broadcasting e a continuación preme en Seleccionar. Para descargar a aplicación no teu Amazon Fire TV. Logo de que a aplicación estea descargada, o botón Obter cambia a Abrir.

Para ver JW Broadcasting selecciona Abrir ou volve á pantalla de inicio de Amazon Fire TV para buscar JW Broadcasting en Apps. Vai a sección Biblioteca de apps para atopala.