Na sección Vídeos podes ver calquera vídeo de JW Broadcasting usando as opcións de reprodución (pausa, retrocede, avanzar e saltar). Podes ver un vídeo ou tódolos vídeos dunha colección.

(Nota. É posible que o teu mando a distancia non sexa idéntico ó empregado nas imaxes deste titorial).

Selecciona Vídeos na pantalla de inicio de JW Broadcasting para ver as categorías de vídeo dispoñibles. Sigue estes pasos para buscar e reproducir os programas de vídeo:

 Como atopar un vídeo

Usa o mando a distancia do teu Amazon Fire TV para navegar polas categorías. Preme en Seleccionar para seleccionar a categoría resaltada.

Algúns vídeos poden aparecer en varias categorías. Por exemplo, o vídeo O que din outros mozos. Crer en Deus aparece en Adolescentes e A Biblia.

Cada ringleira representa unha colección de programas de vídeo. O nome da colección aparece enriba da ringleira.

Usa o teu mando a distancia para navegar polas coleccións:

  • Arriba e Abaixo. Desprázate a outra colección.

  • Esquerda e Dereita. Desprázate polos diferentes programas de vídeo dunha colección.

  • Tódalas coleccións teñen a opción Reproducir todo. Selecciona esta opción para reproducir tódolos programas de vídeo dunha colección comezando polo primeiro. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.

Selecciona un programa para mostrar a pantalla cos detalles do programa de vídeo.

Selecciona unha das seguintes accións:

  • Reproducir. Para reproducir o programa de vídeo dende o principio.

  • Reproducir todo. Para reproducir tódolos programas de vídeo da colección seleccionada comezando polo que aparece en pantalla. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.

  • Continuar. Para continuar vendo o programa de vídeo onde o deixaches.

A ringleira que aparece debaixo da pantalla cos detalles do programa de vídeo mostra outros programas da mesma colección. Preme en Abaixo para acceder á colección, e en Arriba para volver á pantalla cos detalles do programa de vídeo.

 Como usar as opcións de reprodución

Para controlar a reprodución dun programa de vídeo da sección Vídeos usando o teu mando a distancia de Amazon Fire TV, sigue estes pasos:

  • Reproducir/Pausa. Podes parar a reprodución. Volve premer neste botón para continuar a reprodución.

  • Avanzar ou Dereita. Podes desprazarte cara adiante con rapidez polo programa de vídeo. Cando a barra de reprodución estea no punto que desexas, preme en Reproducir para continuar coa reprodución.

  • Retroceder ou Esquerda. Podes desprazarte cara atrás con rapidez polo programa de vídeo. Cando a barra de reprodución estea no punto que desexas, preme en Reproducir para continuar coa reprodución.

  • Volver. Para volver á pantalla cos detalles do programa de vídeo.

 Como ver os vídeos máis recentes e os vídeos recomendados

A pantalla de inicio de JW Broadcasting mostra dúas coleccións de Vídeos:

  1. Recomendados: Vídeos de especial interese, como os que están relacionados coas nosas reunións semanais ou coa adoración en familia.

  2. Vídeos máis recentes: Ós últimos vídeos engadidos.