1. Quen é Deus?
1 QUEN É DEUS?
“Ti es quen o creaches todo” (Apocalipse 4:11)
Que ensina a Biblia acerca de Deus?
-
É o Todopoderoso, a persoa máis poderosa do Universo.
Salmo 90:2
Existe desde sempre.
-
Deus é o noso Pai.
Quere que vivamos a mellor vida posible.
-
Deus desexa estar preto de nós.
2 CAL É O NOME DE DEUS?
“Iavé [...] será o meu nome para sempre” (Éxodo 3:15)
Por que é importante o nome de Deus?
Isaías 42:8
Deus dinos que se chama Iavé, ou Xehová. “Deus” e “Señor” son tratamentos, como “rei” ou “presidente”. Xehová quere que empreguemos o seu nome.
Éxodo 3:14
A expresión hebrea orixinal pódese traducir como “El causa que chegue a ser”. Como Xehová creou todo o que existe, pode cumprir tódalas súas promesas e facer a súa vontade.
3 XEHOVÁ ÁMANOS
“Deus é amor” (1 Xoán 4:8)
Como nos beneficia o amor de Deus?
Éxodo 34:6; Salmo 37:28
É misericordioso e compasivo. Ama a verdade e a xustiza.
Salmo 86:5
Está disposto a perdoarnos.
-
É paciente con nós.
-
É leal.
4 DEUS PREOCÚPASE POR NÓS
“Botade sobre Deus tódalas vosas ansias, que El coida de vós” (1 Pedro 5:7)
Como sabemos que Deus se preocupa por nós?
Salmo 37:9-11
Promete acabar co sufrimento e reparar todo o dano feito polas malas persoas.
-
Xehová quere que nos acheguemos a el.
-
Canto mellor coñezamos a Deus, máis o estimaremos.

