Feitos dos Apóstolos 2:1-47

  • Reciben espírito santo no Pentecostés (1-13)

  • Discurso de Pedro (14-36)

  • As multitudes aceptan a mensaxe de Pedro (37-41)

    • Bautízanse 3000 persoas (41)

  • Unidade cristiá (42-47)

2  Durante o día da Festa de Pentecostés, xuntáronse todos no mesmo sitio.  Mentres estaban alí sentados, de repente, escoitaron un ruído que viña do ceo, como o dun vento moi forte, que se sentiu por toda a casa.  Entón, empezaron a ver algo parecido a pequenas chamas de lume* que se foron repartindo, e cada unha foise pousando enriba de cada un deles.  Todos se encheron de espírito santo e empezaron a falar en diferentes idiomas, tal e como o espírito lles permitía falar.  Nesa época, en Xerusalén había xudeus devotos que viñeran de tódalas nacións do mundo.  Así que, cando se escoitou aquel ruído, xuntouse unha multitude que estaba desconcertada porque cada persoa escoitaba falar os discípulos no seu propio idioma.  De feito, estaban moi impresionados e dicían: “Vistes iso? Todos estes que están falando son galileos, non?  Entón, como é que cada un de nós está oíndo o seu idioma materno?  Os que estamos aquí somos de Partia, Media e Elam, tamén de Mesopotamia, de Xudea e de Capadocia, do Ponto e da provincia de Asia, 10  de Frixia e de Panfilia, de Exipto e das rexións de Libia cerca de Cirene, xente que vén de Roma, tanto xudeus coma prosélitos*​, 11  de Creta, de Arabia... e aínda así todos os estamos oíndo falar das cousas magníficas de Deus nos nosos idiomas”. 12  Todos estaban pasmados e confundidos, e dicíanse uns ós outros: “Pero que está pasando aquí?”. 13  Pero outros burlábanse deles e dicían: “Estes están borrachos”. 14  Entón Pedro púxose de pé cos Once, levantou a voz e díxolle á xente: “Homes de Xudea e de Xerusalén, escoitade con atención o que vos digo e sabede isto. 15  O certo é que estas persoas non están borrachas como vós pensades, porque son as 9 da mañá*​. 16  O que de verdade está pasando é o que se dixo mediante o profeta Xoel: 17  ‘Deus di: “Nos últimos días, derramarei parte do meu espírito sobre todo tipo de persoas. Os vosos fillos e as vosas fillas profetizarán, a vosa xente nova terá visións e a vosa xente maior terá soños. 18  E neses días incluso derramarei o meu espírito sobre os meus escravos e escravas, e eles profetizarán. 19  Farei cousas impresionantes arriba no ceo e milagres* abaixo na terra: haberá sangue, lume e nubes de fume. 20  O sol converterase en escuridade e a lúa en sangue antes de que veña o grande e glorioso día de Xehová*​. 21  E a todo o que pida axuda usando* o nome de Xehová*​, el vaino salvar”’. 22  ”Homes de Israel, escoitade isto: Como ben sabedes, Deus demostrou claramente que enviara a Xesús o Nazareno, porque mediante el fixo milagres, sinais e cousas impresionantes no medio de vós. 23  A este home, que foi entregado pola vontade e a presciencia* de Deus, vós cravástelo nun madeiro coa axuda de homes malvados*​, e matástelo. 24  Pero Deus resucitouno liberándoo das garras* da morte, porque era imposible que a morte o mantivese preso. 25  De feito, David di del: ‘Sempre teño a Xehová* diante dos meus ollos, porque el está á miña dereita para que nada me sacuda xamais. 26  Por iso se puxo contento o meu corazón e se encheron de alegría as miñas palabras. E eu vivirei con esperanza, 27  porque non me deixarás* na Tumba* nin permitirás que o corpo do teu servo leal se descompoña. 28  Ensináchesme os camiños da vida. Encherás o meu corazón de alegría diante de ti*​’. 29  ”Irmáns, deixádeme ser franco con vós e falarvos sobre o noso patriarca David. El morreu e foi enterrado, e a súa tumba aínda está hoxe entre nós. 30  Como era profeta e sabía que Deus lle xurara que ía sentar no seu trono un dos seus descendentes, 31  soubo de antemán que o Cristo ía ser resucitado e falou diso. De feito dixo que o Cristo non sería abandonado na Tumba* e que o seu corpo non se descompoñería. 32  Deus resucitou a Xesús e todos nós somos testemuñas diso. 33  El foi elevado á dereita de Deus e recibiu o espírito santo que o Pai lle prometera. Por iso derramou sobre nós espírito santo, e iso é o que estades vendo e oíndo. 34  Porque David non subiu ós ceos, pero el mesmo di: ‘Xehová* díxolle ó meu Señor: “Séntate á miña dereita 35  ata que poña os teus inimigos como banco para os teus pés”’. 36  Polo tanto, que toda a casa de Israel saiba sen ningunha dúbida que Deus fixo a Xesús Señor e Cristo, a quen vós executastes nun madeiro”. 37  Cando oíron isto, sentiron unha dor que lles atravesaba o corazón e preguntáronlles a Pedro e ós demais apóstolos: “Irmáns, que debemos facer?”. 38  Pedro díxolles: “Arrepentídevos e que cada un de vós se bautice no nome de Xesucristo para que os vosos pecados sexan perdoados, e recibiredes o regalo do espírito santo. 39  Porque a promesa é para vós e os vosos fillos, e para tódolos que están lonxe, para tódolos que Xehová*​, o noso Deus, escolla”. 40  Pedro usou outros moitos argumentos para darlles un testemuño completo e aconselloulles: “Salvádevos desta xeración malvada”. 41  Así que os que aceptaron de boa gana a súa mensaxe bautizáronse. Naquel día uníronse ós discípulos unhas 3000 persoas. 42  E seguiron aprendendo o que ensinaban os apóstolos. Ademais, pasaban tempo* uns cos outros, comían xuntos e oraban. 43  Os apóstolos fixeron moitos milagres e cousas impresionantes, e tódalas persoas empezaron a sentir temor*​. 44  Os que se facían crentes estaban xuntos e compartían todo o que tiñan. 45  Vendían as súas terras e os seus bens, e os cartos que conseguían repartíanos entre todos segundo o que necesitaba cada un. 46  Ademais, xuntábanse no templo día tras día co mesmo obxectivo. Comían en diferentes casas, compartían a súa comida con moita alegría e de todo corazón, 47  dábanlle gloria a Deus e facían que toda a xente tivese unha boa opinión deles. Cada día, Xehová* seguía escollendo máis persoas para que se salvasen, e chegaban a ser discípulos.

Notas ó pé

Ou “linguas de lume”.
Lit. “é a hora terceira do día”.
Lit. “sinais”.
Ou “a todo o que invoque”.
Lit. “que violaban a lei”.
Ou quizais “das cordas”.
Ou “non deixarás a miña alma”. Ver glosario alma.
Ou “Hades”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.
Ou “da túa presenza”.
Ou “Hades”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.
Ou “compartían cousas”.
Ver glosario temor de Deus.