Ir ó contido

Ir ó índice

ASPECTO DA ORATORIA 4

Introdución eficaz dos textos bíblicos

Introdución eficaz dos textos bíblicos

Mateo 22:41-45

EN QUE CONSISTE? Preparar a mente dos presentes antes de ler unha pasaxe da Biblia.

COMO LOGRALO?

  • Pensa no motivo polo que vas ler o texto. Introduce cada texto de xeito que axudes ó auditorio a identificar a idea clave que queres destacar.

  • Cita da Biblia como autoridade. Cando fales con persoas que crean en Deus, refírete á Biblia como a Palabra de Deus, acreditándoa como a mellor fonte de sabedoría.

  • Esperta o interese no texto bíblico. Fai unha pregunta que se responda no texto que vas ler, menciona un problema que axude a resolver ou un principio que poida ilustrar.