Ir ó contido

Ir ó índice

ASPECTO DA ORATORIA 3

Uso de preguntas

Uso de preguntas

Mateo 16:13-16

EN QUE CONSISTE? Facer preguntas con tacto para captar e reter a atención dos presentes, razoar con eles e destacar os puntos importantes.

COMO LOGRALO?

  • Capta e retén a atención. Fai preguntas retóricas que axuden a pensar ou esperten a curiosidade.

  • Razoa sobre o tema. Usa varias preguntas que axuden ó auditorio a seguir o fío do argumento e a chegar a unha conclusión lóxica.

  • Destaca os puntos importantes. Introduce os puntos importantes facendo unha pregunta que esperte o interese. Utiliza algunhas preguntas de repaso despois de analizar unha idea importante ou na conclusión da intervención.