EPISODIO 4
“Porque para iso vin”
(Duración: 54:56)
Xesús cura enfermos, expulsa demos, fai discípulos e escolle os seus 12 apóstolos. Este episodio contén os seguintes relatos:
Xesús ensina na sinagoga de Capernaúm; expulsa un demo (Marcos 1:21-29; Lucas 4:31-37)
Xesús cura a sogra de Pedro (Lucas 4:38, 39; Mateo 8:14, 15; Marcos 1:30, 31)
Xesús cura moitas persoas (Lucas 4:40, 41; Mateo 8:16, 17; Marcos 1:32-34)
Xesús ora nun lugar apartado (Marcos 1:35-38; Lucas 4:42, 43)
Xesús predica, ensina e cura as persoas (Mateo 4:23-25; Marcos 1:39)
Xesús cura un leproso (Marcos 1:40-45; Mateo 8:1-4; Lucas 5:12-15)
Xesús busca un lugar apartado para orar (Lucas 5:16)
Xesús perdoa e cura un paralítico en Capernaúm (Marcos 2:1-12; Mateo 9:1-8; Lucas 5:17-26)
Xesús invita a Mateo a seguilo (Marcos 2:13, 14; Mateo 9:9; Lucas 5:27-28)
Xesús come con cobradores de impostos na casa de Mateo (Marcos 2:15-17; Mateo 9:10-13; Lucas 5:29-32)
Pregúntanlle a Xesús sobre o xaxún (Mateo 9:14-17; Lucas 5:33-39; Marcos 2:18-22)
Xesús predica nas sinagogas de Xudea (Lucas 4:44)
Xesús cura un home enfermo no estanque de Betzata en sábado (Xoán 5:1-9)
Os xudeus chámanlle a atención o home curado (Xoán 5:10-13)
Xesús encontra no templo o home que curara (Xoán 5:14, 15)
Xesús fala da autoridade que lle deu seu Pai (Xoán 5:16-24)
Os que están espiritualmente mortos pero escoitan a voz de Xesús vivirán (Xoán 5:25-27)
Os que están nas tumbas resucitarán (Xoán 5:28-30)
Xoán o Bautista, as accións de Xesús, o Pai e as Escrituras dan testemuño sobre Xesús (Xoán 5:31-47)
Xesús, “Señor incluso do sábado” (Marcos 2:23-28; Mateo 12:1-8; Lucas 6:1-5)
Xesús cura en sábado un home que ten unha man paralizada (Lucas 6:6-11; Mateo 12:9-14; Marcos 3:1-6)
Unha gran multitude vai ver a Xesús á beira do mar; Xesús como o servo ó que Deus quere tanto; moitos son curados (Marcos 3:7-12; Mateo 12:15-21)
Xesús escolle os 12 apóstolos (Lucas 6:12-16; Marcos 3:13-19a)

