Ir ó contido

Ir ó índice

Pode axudarche a Biblia a superar a adicción ás drogas?

Pode axudarche a Biblia a superar a adicción ás drogas?

 Cada ano, millóns de persoas morren directa ou indirectamente por culpa das drogas e outras substancias. Durante a pandemia da COVID-19, este problema non fixo máis que aumentar. A Biblia axudoulles a moitos a superar esta adicción e tamén che pode axudar a ti en caso de que esteas loitando con este problema. a

Neste artigo veremos o seguinte:

 Por que deberías buscar axuda na Biblia para superar a adicción?

 Os investigadores descubriron que a adicción ás drogas moitas veces está relacionada con problemas graves como a soidade, o estrés, a ansiedade e a depresión. A Biblia pode darche a fe que necesitas para superar tódolos problemas que hai detrás das adiccións e tamén ensinarche como podes ser amigo de Deus (Salmo 25:14, TNM). Coa axuda da Biblia podes superar calquera tipo de problema por moi imposible que che pareza (Marcos 11:22-24).

 Catro consellos que dá a Biblia para superar a adicción

  1.  1. Coñece a Xehová Deus. b (Xoán 17:3) Como é o Creador, o seu poder é infinito. Pero é máis ca iso, é o teu amoroso Pai celestial. Quere ter unha amizade moi estreita contigo e usar o seu poder para axudarche (Isaías 40:29-31; Santiago 4:8). Se escolles o seu amor, darache un marabilloso futuro (Xeremías 29:11; Xoán 3:16).

  2.  2. Pídelle axuda a Xehová. Ora a Deus e pídelle que che axude a superar a túa adicción para que poidas ser santo, ou limpo, e “grato a Deus” (Romanos 12:1). Por medio do seu espírito, ou forza activa, pode darche “esa forza tan extraordinaria” (2 Corintios 4:7; Lucas 11:13). Esa forza, axudarache a deixar as drogas e a cultivar unha nova personalidade que lle agrade a Deus (Colosenses 3:9, 10, TNM).

  3.  3. Enche a túa mente cos pensamentos de Deus. (Isaías 55:9, TNM) Deus axudarache a seguir renovando os teus pensamentos, é dicir, a cambiar a túa forma de pensar, o que che axudará a superar a túa adicción (Efesios 4:23, TNM). Os pensamentos de Deus atópanse na Biblia, por iso é importante que a leas tódolos días (Salmo 1:1-3). Moitos beneficiáronse de que alguén lles axudara a entender o que ensina a Biblia (Feitos 8:30, 31). As testemuñas de Xehová ofrecemos un curso da Biblia interactivo gratuíto. Tamén invitámoste a que asistas ás nosas reunións, nas que estudamos a Biblia e aprendemos a aplicala nas nosas vidas.

  4.  4. Escolle boas compañías. Os teus amigos poden ter unha gran influencia en ti, tanto para ben como para mal, cando loitas contra unha adicción (Proverbios 13:20). Cando nos xuntamos con persoas que adoran a Deus, atopamos bos amigos. El quere que ti tamén te beneficies de ter esa clase de amizades (Salmo 119:63; Romanos 1:12). Escolle ben o teu entretemento, xa que detrás do que ves, les ou escoitas hai personaxes cos que indirectamente pasas o tempo (Salmo 101:3; Amós 5:14).

 Versículos da Biblia que che poden axudar a superar a adicción

 Salmo 27:10: “Se meu pai e miña nai me abandonan, acollerame o Señor”.

 Nunca coñecín o meu pai biolóxico e por iso sentía que me faltaba algo. Pero cando descubrín que Xehová é unha persoa real que me quere de verdade, atopeille sentido á miña vida e fun quen de superar a miña adicción” (Wilby, de Haití).

 Salmo 50:15: “Invócame no tempo do apuro: eu salvareite e ti darasme gloria”.

 Unha e outra vez este versículo deume as forzas para seguir adiante, aínda que tiven as miñas recaídas. Xehová mantivo a súa promesa” (Serhiy, de Ucraína).

 Proverbios 3:5, 6: “Confía no Señor con todo o teu ser e non te apoies na propia intuición; teno en conta en tódolos teus camiños e El achanzará os teus vieiros”.

 Estes versículos axudáronme a confiar en Xehová e non en min mesmo. Deume as forzas que necesitaba para cambiar por completo a miña vida” (Michele, de Italia).

 Isaías 41:10: “Non teñas medo, que estou contigo; non mires con medo, que eu son o teu Deus. Fortalecinte e axudeite, collinte coa miña destra xustificadora”.

 Tiña moita ansiedade cando non podía consumir drogas. Estas palabras aseguráronme que Deus me axudaría coa miña ansiedade, e así o fixo” (Andy, de Suráfrica).

 1 Corintios 15:33: “Non vos deixedes enganar, ‘malas compañías estragan bos costumes [ou corrompen os principios morais]’”.

 As malas compañías leváronme ás drogas e fíxenme adicto. Só fun capaz de saír delas cando deixei de xuntarme con esa xente e fixen amigos que tiñan un estilo de vida que eu admiraba, un moralmente limpo” (Isaac, de Kenya).

 2 Corintios 7:1: “Limpémonos de toda inmundicia de corpo ou de espírito”.

 Estas palabras motiváronme a esforzarme por limpar o meu corpo e deixar atrás un pasado cheo de adiccións e autodestrución” (Rosa, de Colombia).

 Filipenses 4:13: “Teño forzas para todo gracias a quen me fai forte”.

 Sabía que non podería deixar as drogas por min mesma, así que lle pedín axuda a Deus en oración. El deume as forzas que necesitaba” (Patrizia, de Italia).

 Outras experiencias da vida real: superaron a adicción coa axuda da Biblia

 Joseph Ehrenbogen creceu rodeado de violencia e fíxose adicto ó alcohol, ó tabaco, á marihuana e á heroína. Moitas veces estivo a piques de morrer de sobredose, pero unha pasaxe da Biblia convenceuno de que podía cambiar. Le a súa historia no artigo “Aprendí a respetar a las mujeres y a respetar mi vida”.

 Dimitri Kórxunov intentou superar moitas veces a súa adicción ó alcohol. Para ver que lle axudou a ter éxito, podes ver o vídeo “Cheguei a odiar a vida que levaba”.

 Prohibe a Biblia os tratamentos médicos contra a adicción?

 Non. A Biblia di: “Non son os sans senón os enfermos os que precisan de médico” (Mateo 9:12). O Instituto Nacional sobre o Abuso de Drogas dos Estados Unidos explica: “A adicción ás drogas é unha enfermidade complexa. Para superala fai falta algo máis que boas intencións e forza de vontade”. Está claro que a axuda que Deus dá é moito máis forte que o autocontrol que poida ter calquera persoa. Aínda así, moitos dos que superaron a súa adicción seguindo os consellos que dá a Biblia, tamén necesitaron axuda médica. c Por exemplo, un home chamado Allen lembra: “Cando estaba deixando ó alcohol, a abstinencia causábame unha dor física horrible. Foi entón cando me din conta de que necesitaba tratamento médico, a maiores da axuda espiritual que xa estaba recibindo”.

 Prohibe a Biblia o uso medicinal das drogas?

 Non. A Biblia fala do uso do alcohol para tratar enfermidades ou para aliviarlle a dor a alguén que está a piques de morrer (Proverbios 31:6; 1 Timoteo 5:23). Con todo, igual que ocorre co alcohol, as drogas que se utilizan para calmar a dor, poden ser moi aditivas. Por iso, é importante ver os posibles perigos e ter coidado co uso de medicamentos con receita para a dor (Proverbios 22:3).

a Aínda que este artigo se centra en superar a adicción ás drogas, os principios da Biblia que aquí se analizan tamén poden axudarlles ós que están loitando con problemas relacionados co alcohol, o tabaco, a comida, o xogo, a pornografía ou as redes sociais.

b Segundo a Biblia, Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé (Isaías 42:8). Podes ver o artigo “Quen é Xehová?”.

c Moitas clínicas, hospitais e programas de rehabilitación poden dar axuda. Cada persoa debe analizar con coidado as opcións e decidir que tipo de tratamento será mellor para ela (Proverbios 14:15).