Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

JW LIBRARY

Como subliñar texto en Android

Como subliñar texto en Android

Segundo les ou estudas as publicacións en JW Library, podes subliñar unha ou varias palabras.

Para subliñar texto, sigue as seguintes instrucións:

 Subliñar texto

Hai dous xeitos de facelo.

Mantén pulsada unha palabra para seleccionala. A continuación, axusta a túa selección. Preme o botón Subliñar no menú que aparecerá, e escolle a cor na que queres resaltar o texto seleccionado.

Outra opción é premer unha palabra e, sen soltar, desprazar o dedo polo texto que desexas subliñar. Segundo vas desprazando o dedo, o texto vai quedando resaltado. Ó soltar, aparecerá un menú con varias opcións. Podes usalo para cambiar de cor ou borrar o subliñado.

 Cambiar a porción de texto subliñado

Para cambiar a cor do resaltado, pulsa no texto subliñado. A continuación, selecciona a cor que desexes. Para borrar o resaltado, pulsa no texto subliñado. A continuación preme o botón Eliminar.

Estas funcións están dispoñibles dende novembro de 2015 na versión da aplicación JW Library 1.6, compatible con Android 4.0 ou posterior. Se non aparecen na túa aplicación, sigue as instrucións do artigo “Os primeiros pasos en JW Library para Android” no apartado Actualizacións.