Benvido a JW Library. Esta aplicación está deseñada para a lectura e o estudo da Biblia. Podes acceder ás principais funcións dende o menú de navegación. Para abrilo, desliza o dedo de esquerda a dereita dende o borde da pantalla, ou preme o botón Menú situado na esquina superior esquerda.

 Biblia

Na sección Biblia podes ler e instalar diversas traducións da Biblia. Para comezar a ler, preme un libro bíblico e, a continuación, un capítulo. Durante a túa lectura, poderás consultar as notas ó pé, as referencias marxinais e as traducións alternativas do texto no panel de Estudo.

Se queres buscar outro texto, abre o menú de navegación e preme en Biblia para volver á lista dos libros da Biblia.

 Publicacións

Na sección Publicacións poderás ver publicacións en formato de texto, de vídeo e de audio. Preme unha publicación e, a continuación, o artigo que desexas ler. Segundo vaias lendo, tamén podes consultar as citas bíblicas. Pulsa na cita para ler a pasaxe no panel de Estudo. Preme un enlace no panel de Estudo para ir ó versículo correspondente na Biblia.

Para abrir outra publicación, abre o menú de navegación e pulsa en Publicacións para ver a lista das dispoñibles.

 Texto do día

Para ler o texto diario, abre o menú de navegación e preme en Texto do día.

 En liña

A sección En liña no menú de navegación contén enlaces ás nosas páxinas web oficiais.

 Actualizacións

Para desfrutar da versión máis recente de JW Library é importante que manteñas actualizado o teu dispositivo móbil.

Instala a versión máis recente de Android dispoñible para o teu dispositivo móbil. Se desexas máis información, fai clic no seguinte enlace:

https://support.google.com/nexus/answer/4457705.

É recomendable que actives a opción de actualización automática na sección de axustes do teu dispositivo móbil. Se desexas máis información, fai clic no seguinte enlace: https://support.google.com/googleplay/answer/113412.