Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

JW LIBRARY

Descargar e administrar publicacións en Android

Descargar e administrar publicacións en Android

En JW Library atoparás centos de libros, folletos, folliñas e vídeos que poderás ler ou ver sen conexión a Internet.

Para descargar e administrar as publicacións, sigue as seguintes instrucións:

 Descargar unha publicación

Podes descargar tantas publicacións como desexes para lelas ou estudalas sen estar conectado a Internet.

  • Abre o menú de navegación e preme en Publicacións para ver a lista de publicacións.

  • Preme o botón Idiomas para ver a lista dos idiomas nos que hai publicacións dispoñibles. Selecciona o idioma que desexes. Os que utilices máis a miúdo aparecerán ó inicio da lista. Tamén podes atopar un idioma escribindo o seu nome.

En JW Library existen varias maneiras de atopar as publicacións.

A sección Categorías agrupa as publicacións do idioma seleccionado por categorías, como por exemplo libros, folliñas ou vídeos. Preme nalgunhas destas categorías para ver as subcategorías. Por exemplo, os anos no caso de La Atalaya, ou os distintos tipos de vídeos. Pulsa en Tódalas categorías para volver á lista inicial.

A sección Novidades contén as publicacións máis recentes no idioma que teñas seleccionado.

As publicacións sen descargar aparecerán coa imaxe dunha nube. Pulsa nunha publicación para descargala. Cando estea descargada, a imaxe da nube desaparecerá. Pulsa outra vez na publicación para abrila.

Na sección Descargado podes acceder a tódalas publicacións que teñas descargadas en calquera idioma. Podes ordenar a lista polas Máis usadas, Menos usadas ou por Tamaño.

Eliminar unha publicación

 Podes eliminar unha publicación se xa non a necesitas, ou se precisas liberar espazo no teu dispositivo.

Preme en Publicacións no menú de navegación e a continuación preme nunha categoría de publicacións (por exemplo, Libros) para ver a lista de publicacións. Preme o botón Máis da publicación que desexes borrar, e despois pulsa Eliminar.

Se precisas liberar espazo no teu dispositivo, podes borrar as publicacións que apenas uses ou que ocupen moito. Vai á sección Descargado e ordena a lista por Menos usadas ou por Tamaño. Elimina as publicacións que non vaias usar máis.

Actualizar unha publicación

 Cando haxa actualizacións dispoñibles dalgunha publicación que teñas descargada, aparecerá un símbolo ó lado da mesma para indicalo.

Ó pulsar na publicación, aparecerá unha mensaxe indicando que hai unha actualización dispoñible. Preme en Descargar para baixar a actualización, ou en Máis tarde se non desexas actualizala nese momento.

Para ver que publicacións tes sen actualizar, abre o menú de navegación e pulsa en Publicacións. Se hai algunha actualización dispoñible, aparecerá unha sección chamada Actualizacións pendentes. Preme nesa sección para velas. Pulsa nunha publicación para actualizala, ou no botón Actualizar todo para descargar tódalas actualizacións.

Estas funcións están dispoñibles dende febreiro de 2015 na versión da aplicación JW Library 1.4, compatible con Android 2.3 ou posterior. Se non aparecen na túa aplicación, sigue as instrucións do artigo “Os primeiros pasos en JW Library para Android” no apartado Actualizacións.