Tódalas seccións e funcións do noso sitio de Internet que se poden ver na pantalla dun ordenador tamén están dispoñibles nunha tableta ou nun teléfono móbil con conexión a Internet. Con todo, os menús non aparecen colocados do mesmo xeito, a fin de que se poidan visualizar o mellor posible. Neste artigo atoparás suxestións para navegar por jw.org.

 Como se usan os menús nos dispositivos móbiles

Na pantalla dun ordenador, as seccións principais están á vista ó longo da parte superior da mesma, e o menú cos títulos das diferentes seccións aparece nunha columna á esquerda.

Non obstante, na pantalla dun dispositivo móbil tódolos menús de navegación aparecen en sentido vertical. Ademais, cando non se están a usar, desaparecen para que se poida visualizar o máximo contido posible da páxina.

  • Fai clic no botón Menú para mostrar ou ocultar os menús de navegación. Fai clic no nome dunha sección para ir á páxina de inicio da mesma.

  • Fai clic no botón Mostrar para ver o menú coas opcións que contén cada sección. Cando fas clic nunha das opcións, vas á páxina de inicio desa opción.

  • Fai clic no botón Ocultar para pechar o menú no que aparecen os nomes das seccións.

  • Fai clic no botón JW.ORG para volver á paxina de inicio.

  • Fai clic no botón Selecciona un idioma para ver a lista de idiomas dispoñibles.

  • Fai clic no botón Buscar para atopar contidos coa función Buscar contenido.

 Como ir a artigos ou capítulos dunha publicación

Na pantalla dun ordenador, o índice da publicación sempre permanece visible mentres se está lendo un artigo ou capítulo. Non obstante, na pantalla dun dispositivo móbil o índice queda oculto.

  • Fai clic no botón Mostrar para ver o índice. A continuación, fai clic nun dos títulos para ver o contido do artigo ou do capítulo.

  • Fai clic no botón Anterior para ir ó artigo ou capítulo anterior.

  • Fai clic no botón Seguinte para ir ó artigo ou capítulo seguinte.

  • Fai clic no botón Ocultar para ocultar o índice e seguir lendo o artigo ou capítulo no que estás.

 Como ler a Biblia en liña

Vai a PUBLICACIÓNS > BIBLIA e fai clic no botón Leer en línea. Tamén podes facer clic en “A Biblia” no enlace da páxina de inicio.

Selecciona o libro e o capítulo que queres ler na Barra de navegación da Biblia e fai clic no botón Buscar.

Segundo vas avanzando na lectura dun capítulo, a Barra de navegación da Biblia permanece onda a Barra do menú. Deste xeito é máis sinxelo seleccionar outro capítulo.

  • Se queres ter máis espazo libre na pantalla e así ver máis texto fai clic no botón Quitar para que desapareza a Barra de navegación da Biblia da Barra do menú. Se queres seleccionar outro capítulo, primeiro tes que desprazarte á parte superior ou á inferior da páxina.

  • Fai clic no botón Manter para que a Barra de navegación da Biblia permaneza visible onda a Barra do menú.

  • Fai clic no botón Mostrar para ver o índice da Biblia.

  • Fai clic no botón Anterior para ver o capítulo anterior.

  • Fai clic no botón Seguinte para ver o capítulo seguinte.

  • Fai clic no botón Ocultar para ocultar o índice da Biblia.

 Como escoitar artigos gravados en formato de audio

Se abres un artigo e está dispoñible a gravación, aparecerá a Barra de audio.

  • Fai clic no botón Reproducir para escoitalo.

  • Fai clic no botón Pausa para deter a gravación. Se queres continuar escoitando, fai clic de novo no botón Reproducir.

  • Podes desprazarte pola Barra de audio mantendo pulsado o control e movéndoo cara adiante ou cara atrás.

Se inicias a reprodución da gravación e te desprazas cara abaixo no artigo, a Barra de audio permanece onda a Barra do menú. Deste xeito podes deter a gravación e continuar escoitando sen perder o lugar onde estás lendo.