Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

PÁXINA JW.ORG

Atopar contidos nun determinado idioma

Atopar contidos nun determinado idioma

Se estás aprendendo un novo idioma ou queres darlle información a alguén que fale unha lingua diferente, podes probar con calquera das tres opcións seguintes para acceder ó idioma que che interesa.

 Cambiar o idioma da páxina

Fai clic no botón Selecciona un idioma para ver o listado completo de tódolos idiomas nos que está dispoñible jw.org.

Cada idioma da lista leva unha icona na dereita do nome.

  • A nosa páxina, ou polo menos parte dela, está traducida a este idioma. Fai clic no nome do idioma para que sexa o idioma da páxina.

  • A páxina aínda non se traduciu a este idioma, pero hai publicacións dispoñibles nese idioma para descargar. Fai clic no nome do idioma para ver as publicacións dispoñibles.

  • Esta é unha linguaxe de signos.

    Se parte de jw.org está traducida á linguaxe de signos que seleccionaches, converterase no idioma da páxina.

Hai centos de idiomas na lista. Podes usar unha das seguintes funcións para atopar máis facilmente o que queres:

  • Escolle un idioma favorito. Os últimos catro idiomas que escolliches aparecen na parte superior da lista.

  • Escribe o nome do idioma. Escribe as primeiras letras do nome do idioma, ou ben coa grafía orixinal ou ben no teu idioma. Por exemplo, se a páxina está en galego ou queres cambialo a alemán, podes escribir “alemán” ou “deutsch”. Segundo vas introducindo as letras, a lista vaise reducindo e só aparecerán os idiomas que corresponden ás letras que tecleaches.

Abrir un artigo noutro idioma

 Método 1. Podes usalo nas páxinas que teñan a función Lelo en na lista despregable.

Busca o artigo que queres ler ou compartir con alguén. A continuación, escolle o idioma na lista Lelo en para ver o artigo nese idioma. (Se non atopas o idioma que estás buscando, significa que o artigo aínda non se publicou nese idioma).

Suxestión. Se hai unha icona duns auriculares onda o nome dalgún dos idiomas da lista, significa que esta dispoñible tamén en audio para ese idioma.

Cando uses a función Lelo en, só se cambiará o idioma da publicación seleccionada. O resto da páxina seguirá mostrándose no idioma escollido para a páxina.

Método 2. Se o artigo que estás a ler non ten a función Lelo en, podes utilizar a función Selecciona un idioma para cambiar o idioma da páxina ó que desexas. Se o artigo está dispoñible nese idioma, aparecerá. E se non está dispoñible, aparecerá a páxina de inicio no idioma que escolliches.

Buscar unha publicación noutro idioma

 Vai a PUBLICACIÓNS > CONTIDOS RECOMENDADOS. Escolle un idioma da lista e fai clic no botón Buscar.

Para atopar un idioma con máis facilidade, podes empregar algún dos seguintes métodos:

  • Escolle un idioma favorito. Os últimos catro idiomas que escolliches aparecen na parte superior da lista.

  • Escribe o nome do idioma. Escribe as primeiras letras do nome do idioma, ou ben coa grafía orixinal ou ben no teu idioma. Por exemplo, se a páxina está en galego ou queres cambialo a alemán, podes escribir “alemán” ou “deutsch”. Segundo vas introducindo as letras, a lista vaise reducindo e só aparecerán os idiomas que corresponden ás letras que tecleaches.

Se hai unha gran cantidade de publicacións no idioma que escolliches, a páxina de CONTIDOS RECOMENDADOS só mostrará un número limitado de resultados. Se queres atopar outras publicacións e recursos nese idioma, selecciona outra categoría de publicación (por exemplo, OUTRAS PUBLICACIÓNS ou REVISTAS) para ver que publicacións desa sección están dispoñibles no idioma que escolliches.

Se nesa sección non hai publicacións dispoñibles no idioma que escolliches, a páxina mostra un enlace ós tipos de publicacións que si están dispoñibles.