Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

PÁXINA JW.ORG

Como usar a edición de estudo da Biblia

Como usar a edición de estudo da Biblia

A edición de estudo da Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras ofrece as seguintes novidades para facerche máis fácil o teu estudo da Biblia:

  • Unha introdución a cada un dos libros bíblicos, incluíndo un vídeo introdutorio

  • Un resumo de contidos de cada libro bíblico

  • Notas de estudo en moitos dos versículos

  • Notas ó pé en termos e frases

  • Referencias marxinais organizadas por categorías

  • Axudas audiovisuais (imaxes e vídeos)

  • Un glosario de termos bíblicos

  • Apéndices con mapas, recadros e outras axudas para a investigación

  • Gravacións en audio de cada capítulo

  • Traducións alternativas segundo outras versións da Biblia

A edición de estudo do libro de Mateo en inglés publicouse en outubro de 2015. Iranse engadindo outros libros bíblicos segundo se vaian rematando as axudas didácticas que conteñan.

Podes familiarizarte con esta publicación lendo as seguintes instrucións e consellos de uso:

Ir a un libro e un capítulo da Biblia

Vai a PUBLICACIÓNS > BIBLIA e fai clic na portada ou no enlace da edición de estudo da Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras.

Os libros da Biblia dispoñibles aparecerán en azul no Índice. Contén enlaces a material adicional, como por exemplo un glosario, varios apéndices e axudas audiovisuais (imaxes e vídeos).

  • Fai clic en Cuadrícula para ver os contidos neste formato. Esta é a vista que aparecerá por defecto.

  • Fai clic en Lista para ver os contidos neste formato. Os libros das Escrituras Hebreas e das Gregas Cristiás aparecerán en columnas separadas.

Fai clic nun libro da Biblia. Abrirase unha páxina coa lista dos capítulos, un resumo dos contidos, e os seguintes botóns:

  • Unha introdución ó libro, que inclúe un vídeo introdutorio.

  • Un resumo dos contidos. A diferenza da edición revisada da Traducción del Nuevo Mundo, que contén un resumo por capítulo, a edición de estudo destaca as ideas e temas principais que tratan cada un dos libros bíblicos.

Como seleccionar o capítulo que desexas estudar

 Na parte superior da páxina aparecen dúas listas despregables que mostran o libro e o capítulo no que estás. Úsaas para seleccionar o libro e o capítulo que desexas ver, ou para consultar información adicional, como por exemplo o glosario ou o resumo dos contidos do libro.

Usar as axudas didácticas que inclúe un capítulo

Ó seleccionar un capítulo da Biblia, o texto aparecerá no panel de Lectura na metade esquerda da pantalla, e as axudas didácticas aparecerán no panel de Estudo na metade dereita da pantalla (nota: en dispositivos móbiles de menor tamaño, o panel de Estudo está oculto e aparece ó premer no número dun versículo, nun símbolo de nota ó pé, nunha letra que leva a unha referencia ó marxe, ou na icona Mostrar panel).

Como acceder ás diversas axudas didácticas

  • Fai clic no número dun capítulo ou versículo para ver no panel de Estudo a información adicional que inclúe.

  • Fai clic no símbolo de nota ó pé para ver a nota asociada a unha palabra ou frase.

  • Fai clic na letra de referencia ó marxe para ver o seu contido no panel de Estudo e mailo texto da pasaxe á que fai referencia.

  • Para comezar a escoitar a gravación dende un versículo determinado dentro do capítulo no que estás, fai clic no texto do versículo e na icona de audio que aparecerá.

  • Para comezar a escoitar a gravación dun capítulo dende o principio, fai clic na icona Reproducir que aparece na barra de audio na parte superior da páxina.

  • Cando se abre unha ventá de Cita bíblica, preme a icona de Reproducir para escoitar a gravación só desa cita.

  • Fai clic na icona de Pausa para deter a reprodución.

  • Fai clic na icona Investigación para activar esta pestana no panel de Estudo e mostrar tódalas notas de estudo, notas ó pé, referencias ó marxe, e contidos audiovisuais para o capítulo no que estás (esta pestana aparece por defecto cando escolles un capítulo).

  • Fai clic na icona Comparar Biblias para activar esta pestana no panel de Estudo e mostrar outras traducións do versículo seleccionado.

  • Fai clic en Referencias á marxe para activar a pestana de Referencias á marxe no panel de Estudo e mostrar unha lista por categorías de tódalas referencias marxinais do capítulo no que estás.

  • Para acceder ó panel de Estudo en dispositivos móbiles de menor tamaño fai clic na icona Mostrar panel.

  • Para ocultar o panel de Estudo en dispositivos móbiles de menor tamaño, fai clic na icona Ocultar panel.

Pestana de Investigación

Ó comezo da pestana de Investigación mostrarase o resumo de contidos do capítulo seleccionado. Se este resumo contén varias seccións, fai clic no signo máis (+) para mostralas, ou no signo menos (-) para ocultalas.

A continuación, para cada versículo do capítulo no que estás, mostrarase o seguinte:

  • Notas de estudo. Conteñen información adicional acerca do versículo.

  • Axudas audiovisuais. Imaxes e vídeos relacionados co versículo. Fai clic na imaxe ou na descrición da mesma para abrir a Galería multimedia e coñecer máis detalles.

  • Notas ó pé. Aportan información adicional acerca de palabras ou frases dun versículo.

  • Referencias á marxe. Están enlazadas a palabras ou a frases dun versículo. Fai clic no signo máis (+) para abrir a referencia e ler a pasaxe bíblica citada. Fai clic no signo menos (-) para pechar a referencia e ocultar a pasaxe bíblica citada.

No panel de Lectura, fai clic no número dun versículo, nun símbolo de nota ó pé, ou nunha letra que leva a unha referencia ó marxe para mostrar no panel de Estudo a información asociada ó versículo.

Pestana de Comparar Biblias

A pestana de Comparar Biblias mostra como traducen o versículo seleccionado outras versións da Biblia. Preme outro versículo no panel de Lectura para ver outras traducións do mesmo.

Pestana de Referencias á marxe

A pestana de Referencias á marxe mostra tódalas referencias do capítulo no que estás. Tales referencias están divididas en tres categorías:

  1. Relatos paralelos. Referencias ó mesmo relato que aparecen noutros capítulos e versículos da Biblia.

  2. Citas bíblicas. Outras pasaxes da Biblia ás que fai referencia o capítulo no que estás.

  3. Xeral. Referencias á marxe que nin son relatos paralelos nin citas. Poden incluír, por exemplo, referencias á mesma persoa ou lugar, usos de expresións semellantes, cumprimento dalgunha profecía, ou a explicación dun principio bíblico relacionado.

Para cada opción, preme o signo máis (+) para mostrar tódalas referencias á marxe, e o signo menos (-) para ocultar tódalas referencias á marxe e mailo texto bíblico.

 Se seleccionas o cadriño Resaltar todo que aparece onda cada unha das tres categorías de referencias á marxe, no panel de Lectura aparecerán resaltadas as referencias á marxe pertencentes á categoría seleccionada. Esta ferramenta pode ser moi útil, por exemplo, para atopar as pasaxes nas que un escritor das Escrituras Gregas Cristiás citou das Escrituras Hebreas.

Como ver imaxes e vídeos relacionados cun libro da Biblia

A Galería multimedia é unha serie de imaxes e vídeos que conteñen información acerca dun determinado libro bíblico. Cada un dos elementos desta serie aparece na mesma orde na que van aparecendo referidos no libro bíblico.

Podes acceder á Galería multimedia de calquera dos seguintes xeitos:

  • Fai clic nunha imaxe do panel do Estudo.

  • Vai ó Índice ou á lista de navegación despregable e preme o botón Multimedia. A continuación, fai clic na imaxe ou no enlace do libro da Biblia que desexes ver.

A Galería multimedia está dividida en tres seccións:

  1. A imaxe ou o vídeo. Fai clic na Frecha da dereita ou na Frecha da esquerda para ver o elemento anterior ou o seguinte.

  2. Unha breve explicación e mais unha listaxe das citas bíblicas onde aparece o mesmo contido multimedia no panel de Estudo.

    En dispositivos móbiles de menor tamaño, fai clic na icona Mostrar información para ver a explicación e maila listaxe das citas bíblicas.

  3. Unha tira de imaxes en miniatura para cada un dos elementos multimedia. Fai clic na Frecha da dereita ou na Frecha da esquerda para ver máis miniaturas. A continuación, fai clic na miniatura que desexes para mostrar a imaxe ou vídeo correspondente.

 Unha vez seleccionada a imaxe, podes aumentar ou diminuír o seu tamaño cos botóns Aumentar e Reducir, ou mediante os correspondentes xestos nunha pantalla táctil.

Se seleccionas un vídeo, usa os controis para reproducilo, poñelo en pausa, ou velo a pantalla completa.

Usar os resumos de contidos, o glosario ou os apéndices

Hai dous xeitos de acceder:

  • Fai clic no enlace correspondente do panel de Estudo.

  • Selecciona un destes elementos no Índice ou na lista de navegación despregable que aparece na parte superior da páxina.

Os resumos de contidos de cada un dos libros da Biblia aparecen en formato despregable. Preme o signo máis (+) para mostrar as ideas principais de cada sección, ou o signo menos (-) para ocultar a información que contén.

O glosario é unha lista de termos que aparecen na Biblia cos seus significados. Fai clic nunha referencia ó glosario no panel de Estudo para ir á entrada correspondente.

Se accediches ó glosario a través do Índice ou da lista despregable, fai clic nunha das letras da listaxe alfabética para ir ó primeiro elemento que comece por esa letra, e a continuación vaite desprazando cara abaixo ata atopar a entrada que buscas.

Algúns apéndices presentan os seus contidos de dous xeitos diferentes: en formato imaxe (no que se ve a páxina en formato impreso da Traducción del Nuevo Mundo correspondente) ou en formato texto coas imaxes por separado.

  • Se estás vendo o contido en formato imaxe, fai clic na imaxe e abrirase no Visor de Imaxes. Podes aumentar ou reducir o tamaño da imaxe cos botóns Aumentar e Reducir, ou mediante os correspondentes xestos nunha pantalla táctil.

  • Se estás vendo o contido en formato texto coas imaxes por separado, podes facer clic nos enlaces ós textos bíblicos que aparecen para velos no panel de Estudo.