Ir ó contido

Ir ó índice

“Manifestéille-lo teu nome”

“Manifestéille-lo teu nome”

“Manifestéille-lo teu nome”

“Eu manifesteite ós homes que me escolliches do mundo. [...] Eu manifestéille-lo teu nome e llelo seguirei manifestando.” (XOÁN 17:6, 26)

Que significa? Xesús deu a coñecer o nome de Deus empregándoo no seu ministerio. Ben seguro que o pronunciaba cando lía das Escrituras Hebreas, algo que facía moi a miúdo (Lucas 4:16-21). Tamén lles ensinou ós seus discípulos a pedir: “Pai, ¡sexa santificado o teu Nome!” (Lucas 11:2).

O exemplo dos primeiros cristiáns. Falando cos anciáns de Xerusalén, o apóstolo Pedro dixo que Deus sacara das nacións “un pobo para o seu nome” (Feitos 15:14, TNM). Os apóstolos e os demais discípulos de Xesús predicaban: “Todo o que invoque o nome do Señor será salvo” (Feitos 2:21; Romanos 10:13). Tamén incluían o nome divino nos seus escritos. Na Tosefta, unha recompilación de leis xudías que se completou arredor do ano 300, fálase da queima de escritos cristiáns. Alí dise: “[Os Evanxeos] e os libros dos sectarios [probablemente xudeocristiáns] non deben salvarse do lume; déixase que se queimen no seu sitio, eles e o nome de Deus que conteñan”.

Quen fai o mesmo na actualidade? O prefacio da Revised Standard Version, edición da Biblia autorizada polo Consello Nacional das Igrexas de Cristo nos Estados Unidos, di: “O uso de calquera nome propio para o Deus que é un e único, coma se houbese outros deuses dos cales el tivese que ser distinguido, foi descontinuado no xudaísmo antes da era cristiá e é enteiramente inadecuado para a fe universal da Igrexa Cristiá”. Por iso esta versión empregou o título “SEÑOR” onde aparecía o nome de Deus. Máis recentemente, o Vaticano, deulles a seguinte norma ós seus bispos: “Nas celebracións litúrxicas, nos cantos e oracións o Nome de Deus na forma do tetragrammaton IHVH * non debe ser usado nin pronunciado”.

Quen está usando e dando a coñecer hoxe o nome de Deus? Cando era un rapaz, Serguei, de Kirguizistán, viu unha película onde se dicía que o nome de Deus é Xehová. Pero non foi ata dez anos despois, nos Estados Unidos, que volveu escoitar ese nome. Alí, dúas testemuñas de Xehová chamaron á súa porta e mostráronlle o nome de Deus na Biblia. Serguei alegrouse moitísimo de atopar unha relixión que empregase o nome Xehová. Baixo a entrada “Xehová Deus”, un dicionario inglés di: “Deidade suprema recoñecida e a única deidade adorada polas testemuñas de Xehová” (Webster’ s Third New International Dictionary).

[Nota]

^ par.5 En galego, o nome de Deus tradúcese moitas veces como Xehová ou Iavé.