EPISODIO 3
“Ese son eu”
(Duración 39:40)
Xesús ensínalles a Nicodemo, a unha muller samaritana e á xente de Nazaret pero non todos o escoitan. Este episodio contén os seguintes relatos:
Xesús explícalle a Nicodemo o nacemento da auga e do espírito (Xoán 3:1-13)
O Fillo do Home será alzado igual que a serpe no deserto (Xoán 3:14, 15)
Deus enviou o seu Fillo unixénito, non para que xulgue o mundo, senón para que o salve (Xoán 3:16-21)
O último testemuño de Xoán sobre Xesús (Xoán 3:22-30)
Demostrar fe no Fillo, quen vén de arriba, significa vida eterna (Xoán 3:31-36)
Xoán é arrestado (Marcos 6:17-20; Mateo 4:12; 14:3-5; Lucas 3:19, 20)
Xesús, cansado, chega ó pozo de Xacob en Sicar, Samaria (Xoán 4:1-6)
Xesús comeza unha conversación cunha muller samaritana (Xoán 4:7-15)
Xesús ensínalle á muller samaritana sobre a adoración verdadeira (Xoán 4:16-24)
Xesús revélalle á muller samaritana que el é o Mesías (Xoán 4:25, 26)
A muller samaritana dálle testemuños a outros (Xoán 4:27-30)
Xesús compara facer a vontade de Deus co alimento; fala sobre unha colleita espiritual (Xoán 4:31-38)
Moitos samaritanos cren que Xesús é “o salvador do mundo” (Xoán 4:39-42)
Xesús empeza a predicar en Galilea (Xoán 4:43-45; Marcos 1:14, 15; Mateo 4:17; Lucas 4:14, 15)
Xesús cura o fillo dun funcionario en Caná de Galilea (Xoán 4:46-54)
Rechazan a Xesús en Nazaret (Lucas 4:16-30)
Xesús vai a Capernaúm (Mateo 4:13-16)
Pesca milagrosa; escolle os seus primeiros discípulos (Lucas 5:1-11; Mateo 4:18-22; Marcos 1:16-20)

