Ir ó contido

Unha mensaxe de liberdade chega ó porto de Ruan

Unha mensaxe de liberdade chega ó porto de Ruan

Do 6 ó 16 de xuño de 2013, millóns de visitantes acudiron ó porto de Ruan, no norte de Francia, con motivo dun dos máis importantes e fermosos eventos do mundo naval, coñecido como a Armada.

Tras remontar 120 quilómetros do serpeante río Sena, que pasa por Normandía, os veleiros máis grandes e elegantes do mundo botaron áncora ó longo dos sete quilómetros de peirao preparados para a ocasión. Durante dez días, os visitantes puideron desfrutar da oportunidade de subir a bordo para visitar algunhas destas aproximadamente 45 lendarias embarcacións.

Por que acudiu tanta xente de tódalas idades a este acontecemento? Segundo o fundador e organizador do mesmo, a Armada dálles a oportunidade de “ver de cerca eses ‘xigantes do mar’ que nos fan soñar”. De feito, estes grandes barcos fan soñar a novos e vellos con viaxes exóticas e liberdade.

Miles de visitantes tamén tiveron a oportunidade de informarse sobre un tipo de liberdade diferente, a que a Biblia ofrece (Xoán 8:31, 32). Ós que percorrían as estreitas e ateigadas rúas da cidade medieval de Ruan, non lles pasaban desapercibidos os expositores portátiles das testemuñas de Xehová da zona. Cando os turistas e tripulantes se achegaban a mirar, se lles animaba a coller, sen ningún custo, algunha das publicacións expostas. A moitos dos que pasaban chamoulles a atención o artigo de portada da revista La Atalaya, titulado “¿Cuándo desaparecerán los prejuicios?”. Os que mostraban algún interese eran invitados a escoitar unha conferencia bíblica en francés, inglés ou español.

Algúns veciños da zona fixeron comentarios positivos sobre esta iniciativa. Por exemplo, un home que en principio se sorprendera de ver as testemuñas de Xehová onda un expositor comentoulles: “Moito me gusta vervos na rúa. Respecto moito a quen defende as súas crenzas, aínda que eu non as comparta”. Dous anciáns dixéronlle a unhas testemuñas de Xehová xoves que estaban atendendo un dos expositores: “Podedes estar ben orgullosos de ser quen sodes”.