Ir ó contido

Teñen as testemuñas de Xehová unha lista de películas, libros ou cancións prohibidas?

Teñen as testemuñas de Xehová unha lista de películas, libros ou cancións prohibidas?

 Non. A nosa organización non revisa películas, libros ou cancións para ver cales debemos evitar. Por que?

  A Biblia anímanos a cada un de nós a aprender a “distingui-lo bo do malo” (Hebreos 5:14).

  As Escrituras dan principios básicos que cada cristián pode considerar cando elixe o seu ocio. a E igual que en tódalas áreas da vida, o noso obxectivo é ter “en conta o que agrada ó Señor” (Efesios 5:10).

  A Biblia di que os cabezas de familia teñen certo grao de autoridade para permitir, ou non, determinado entretemento na súa casa (1a Corintios 11:3; Efesios 6:1-4). Non obstante, fóra do ámbito familiar ninguén da congregación está autorizado a prohibir certas películas, cancións ou artistas (Gálatas 6:5).

a Por exemplo, a Biblia condena todo o que promova o espiritismo, a inmoralidade sexual, e a violencia (Deuteronomio 18:10-13; Efesios 5:3; Colosenses 3:8).