Ir ó contido

Por que as testemuñas de Xehová rechazan respectuosamente participar en cerimonias nacionalistas?

Por que as testemuñas de Xehová rechazan respectuosamente participar en cerimonias nacionalistas?

 As testemuñas de Xehová respectan os gobernos e os seus símbolos nacionais. Respectamos que outros saúden a bandeira, lle fagan un xuramento de lealdade ou canten o himno nacional.

 Con todo, as testemuñas de Xehová decidimos non participar nestas cerimonias porque cremos que están en contra do que ensina a Biblia. Aínda así, tratamos con respecto os que escollen participar e agradecemos o mesmo trato polas nosas crenzas.

Neste artigo responderemos as seguintes preguntas:

 Que principios da Biblia están implicados?

 Baseamos a nosa decisión nos seguintes dous principios da Biblia:

  •   Soamente Deus merece a nosa adoración. A Biblia di: “Adorara-lo Señor, o teu Deus, e só a El darás culto” (Lucas 4:8). Os xuramentos á bandeira e os himnos nacionais en moitas ocasións conteñen promesas de que unha persoa apoiará e amará o seu país por enriba de calquera outra cousa. Por iso, as testemuñas de Xehová non podemos participar coa conciencia tranquila nesas cerimonias.

     As testemuñas de Xehová tamén pensamos que saudar a bandeira representa un acto de adoración ou idolatría, algo que a Biblia prohibe (1 Corintios 10:14). Algúns historiadores recoñecen que as bandeiras, en realidade, son símbolos relixiosos. O historiador Carlton J. H. Hayes escribiu: “A bandeira nacional é o principal símbolo e, tamén, o obxecto central de culto”. a Falando dos primeiros cristiáns, o escritor Daniel P. Mannix dixo: “Os cristiáns negáronse [. . .] a sacrificarse polo emperador [romano], o que hoxe sería equivalente a negarse a saudar a bandeira”. b

    As testemuñas de Xehová non saudamos a bandeira, pero non a tratamos mal, non a queimamos e tampouco lle faltamos ó respecto, nin a ela nin a ningún outro símbolo nacional.

  •   Tódolos seres humanos son iguais ante Deus (Feitos 10:34, 35). A Biblia di que Deus “dun só home quitou a raza humana” (Feitos 17:26). Por iso, as testemuñas de Xehová pensamos que non está ben tratar as persoas dunha nacionalidade ou dun grupo étnico concreto como superiores. Máis ben, respectamos a tódalas persoas sen importar de onde sexan ou onde vivan (1 Pedro 2:17).

 Que ocorre se unha lei nos obriga a participar?

 As testemuñas de Xehová non nos opoñemos ós gobernos. Cremos que son unha “disposición de Deus”, é dicir, Xehová permite que existan como parte dunha orde que el mesmo estableceu (Romanos 13:1-7). Tamén cremos que os cristiáns debemos obedecer as autoridades segrares (Lucas 20:25).

 Pero, que ocorrería se as leis do goberno nos piden facer algo que Deus non aproba? Nalgúns casos, é posible presentar unha solicitude oficial ó Goberno para pedir un cambio nas leis. c Agora ben, cando non é posible un cambio, as testemuñas de Xehová escollemos con respecto “obedecer a Deus antes cós homes” (Feitos 5:29).

 Promoven as testemuñas de Xehová cambios sociais ou políticos?

 Non. As testemuñas de Xehová non participamos en asuntos sociais e políticos. O motivo polo que nos negamos a saudar a bandeira, xurarlle lealdade ou cantar o himno nacional non é porque sexamos activistas políticos, senón porque nos guiamos polos principios da Biblia que falan sobre estas cerimonias.

a Essays on Nationalism, páxinas 107-108.

b The Way of the Gladiator, páxina 212.