Termos de uso
Actualizado o 23 de marzo de 2023
O obxectivo desta aplicación informativa (a “Aplicación”) é axudarche a coñecer mellor a Deus, a Biblia e as testemuñas de Xehová. Podes ler, ver ou descargar todo o que che interese. Aínda que desexamos que os contidos desta páxina poidan axudar a máis persoas, non os copies noutras aplicacións nin noutros sitios de Internet. Se queres compartir con outros o que aprendiches, ensínalles a descargar esta Aplicación.
Estes Termos de uso (o “Acordo”) son un acordo legal entre Watchtower Bible and Tract Society of New York, Inc., unha entidade sen ánimo de lucro de Nova York (“Watchtower”, “nós” ou “nosa”), e ti en calidade de usuario da Aplicación (“ti” ou “teu”).
Calquera actualización, mellora, nova característica e/ou nova propiedade da Aplicación quedan suxeitas a este Acordo. Reservámonos o dereito de revisar, modificar ou anular este Acordo en calquera momento. Con este Acordo aceptas os efectos que calquera cambio, modificación ou anulación poida ter no uso que fas da Aplicación. Se despois de facer calquera cambio segues usando e/ou accedendo á Aplicación, entendemos que aceptaches esas modificacións.
Non respectar algunha parte deste Acordo ou ningunha delas (segundo o noso criterio) constitúe un incrumpimento do mesmo e pode ter como consecuencia que se che denegue o acceso a esta Aplicación ou o permiso para usala. Dásnos o teu consentimento para que poidamos denegarche o acceso á Aplicación e/ou o permiso para usar a Aplicación, segundo o noso criterio, haxa ou non razóns para facelo.
FACER CLIC EN “ACEPTAR”, DESCARGAR, INSTALAR, COPIAR OU USAR DE CALQUERA OUTRA MANEIRA ESTA APLICACIÓN IMPLICA QUE ACEPTAS OS TERMOS DESTE ACORDO. SÓ PODERÁS USAR A APLICACIÓN DESPOIS DE ACEPTAR ESTE ACORDO. SE NON O ACEPTAS, NON PODES INSTALAR, COPIAR OU USAR A APLICACIÓN E DEBES BORRAR DO TEU DISPOSITIVO TÓDALAS COPIAS QUE TEÑAS DA APLICACIÓN.
1. CONCESIÓN DE LICENZA. Tes permiso para usar esta Aplicación baixo os termos deste Acordo, pero a Aplicación non está en venda. Sempre e cando aceptes e sigas aceptando os termos deste Acordo, a entidade Watchtower permíteche acceder, usar, instalar, executar, almacenar, mostrar e abrir a Aplicación nos dispositivos nos que ti tes control para os fins descritos neste Acordo ou de calquera outra forma na que poida ser descrita pola entidade Watchtower, sendo este dereito totalmente revogable, limitado, intransferible e non sendo exclusivo nin sublicenzable. Calquera actualización feita por Watchtower que substitúa e/ou complemente a Aplicación rexerase polos termos deste Acordo, excepto se a actualización contén unha licenza independente, que se rexerá polos termos desa nova licenza. Algunhas partes da Aplicación poden rexerse por aplicacións con licenzas de código aberto ou de terceiros. No caso de que estas licenzas entren en conflito cos termos deste Acordo, prevalecerán estas licenzas sobre os demais compoñentes.
2. RESERVA DE DEREITOS E PROPIEDADE, CONTIDO DE TERCEIROS, MARCAS REXISTRADAS. Watchtower resérvase tódolos dereitos relacionados coa Aplicación que non se che conceden expresamente neste Acordo. A Aplicación está protexida polo copyright e outras leis de propiedade intelectual. Entre ti e Watchtower, Watchtower ten tódolos dereitos, títulos e intereses da e sobre a Aplicación. A menos que se indique o contrario, i) todo o contido desta Aplicación e ii) tódalas marcas rexistradas relacionadas coa Aplicación son propiedade de Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania (“Watch Tower”). Para que non haxa ningunha dúbida, toda a propiedade intelectual que teña a licenza dun provedor de terceiros que Watchtower ou Watch Tower use na Aplicación, seguirá sendo propiedade dese terceiro. Aceptas non eliminar, ocultar nin modificar de ningunha maneira calquera copyright, marca rexistrada ou aviso de propiedade ou identificador de fonte que haxa na ou que estea asociado coa Aplicación (incluídos, entre outros, os que aparecen nas atribucións das licenzas de código aberto, é dicir, as “Atribucións”). Non podemos garantir nin garantimos que poidas acceder desde a Aplicación á información ou a outro contido de terceiros (se é que o hai).
Adobe, o logotipo de Adobe, Acrobat, e o logotipo de Acrobat son marcas comerciais rexistradas de Adobe Systems Incorporated. iTunes e iPod son marcas comerciais rexistradas de Apple Inc. Microsoft, o logotipo de Microsoft e tódolos nomes de calquera software ou produto de Microsoft, incluídos Microsoft Office e Microsoft Office 365, son marcas comerciais rexistradas de Microsoft Inc. Android é unha marca comercial rexistrada de Google LLC. O robot de Android reprodúcese ou modifícase a partir do traballo xerado e compartido por Google LLC, e úsase conforme ó descrito na Licenza de Atribución de Creative Commons 3.0 (https://creativecommons.org/licenses/by/3.0/us/). Tódalas demais marcas comerciais e marcas comerciais rexistradas son propiedade dos seus respectivos titulares.
3. RESTRICIÓNS DE USO. A Aplicación está destinada exclusivamente para o teu uso persoal tal e como se describe neste Acordo ou de calquera outra forma que Watchtower defina ou poña por escrito. Aceptas non facer nin permitir que outra persoa faga de forma directa ou indirecta o seguinte: a) alugar, arrendar, prestar, vender, revender, transferir, ceder, reproducir, copiar, publicar, transmitir, sublicenzar, crear obras derivadas ou difundir doutra maneira, explotar ou poñer á disposición calquera parte ou a totalidade da Aplicación, b) levar a cabo enxeñería inversa, descompilar, modificar, adaptar, traducir ou desensamblar calquera parte ou a totalidade da Aplicación, incluíndo sen limitación calquera das ideas, algoritmos ou estruturas que haxa nela, ou usar a Aplicación para crear novas aplicacións, programas, produtos ou servizos (excepto e só na medida na que calquera restrición anterior estea prohibida pola lei aplicable ou na medida na que o permitan os termos da licenza que rexen o uso de calquera compoñente de código aberto incluído na Aplicación), c) eliminar ou modificar de calquera maneira as marcas rexistradas, nomes comerciais, nomes de servizos, gráficos, deseños, logotipos, encabezados de páxina, símbolos, texto, marcas comerciais, imaxes comerciais ou calquera dereito de propiedade que apareza na Aplicación (tamén incluídas sen ningún límite, entre outras, as marcas rexistradas “JW” e “JW.ORG”) ou calquera outra marca rexistrada, d) mostrar o nome, logotipo, marca rexistrada ou outro identificador de calquera persoa ou entidade de tal maneira que a quen o está vendo lle dea a impresión de que esa persoa ou entidade é o editor ou o distribuidor da Aplicación, ou e) usar, publicar, transmitir ou introducir calquera dispositivo, software ou rutina que interfira ou intente interferir no funcionamento de calquera parte da Aplicación, f) rexistrar, intentar rexistrar ou axudarlle a alguén a rexistrar calquera marca rexistrada, logotipos, nomes de dominios e outras características distintivas da marca, copyright ou outros dereitos de propiedade asociados con Watchtower, Watch Tower ou calquera das súas entidades colaboradoras; g) eliminar, ocultar ou alterar calquera aviso de copyright, marca rexistrada ou outro dereito de propiedade que apareza en calquera elemento incluído na Aplicación, h) transmitir, almacenar ou procesar información sanitaria suxeita ás regulacións HIPAA dos Estados Unidos de América ou i) usar a Aplicación fóra dos ámbitos concedidos neste Acordo. Deberás cumprir (e non incumprir adrede) as condicións do servizo das APIs de Google.
Aínda que aceptes cumprir coas restricións de uso anteriores, podes solicitar un permiso específico para levar a cabo enxeñería inversa, descompilar, modificar, adaptar, traducir ou desensamblar calquera parte ou a totalidade da Aplicación, incluíndo sen limitación calquera das ideas, algoritmos ou estruturas que haxan nela, ou usar a Aplicación para crear novas aplicacións, programas, produtos ou servizos. Watchtower resérvase o dereito a conceder o permiso. Para solicitar ese permiso específico, por favor, ponte en contacto con Watchtower enviando un correo electrónico a DeveloperSupport@jw.org.
O feito de que a entidade Watchtower ou ti mesmo non insistades en que se cumpran de maneira estrita calquera das condicións deste Acordo ou o feito de que a entidade Watchtower ou ti mesmo non fagades uso de calquera dereito ou compensación mencionada a continuación, non constitúe unha exención do Acordo nin unha diminución das obrigacións establecidas nel mesmo. A exención dalgunha das condicións básicas non constitúe unha exención de calquera condición básica subxacente. Ningunha das exencións das disposicións deste Acordo serán efectivas a menos que se diga especificamente que se trata dunha exención e se lle comunique á outra parte por escrito, ben sexa por parte da entidade Watchtower a ti ou viceversa.
4. USOS PERMITIDOS E RESTRICIÓNS DE USO DA APLICACIÓN E/OU DO CONTIDO DA APLICACIÓN
Baixo as seguintes restricións, podes facer o seguinte:
Ver, descargar e imprimir material gráfico protexido polo copyright da entidade Watch Tower, como publicacións electrónicas, música, fotos, texto ou vídeos desta Aplicación para o teu uso persoal e para fins non comerciais.
Compartir enlaces ou copias electrónicas de publicacións, vídeos ou gravacións de son que se poden descargar dende a Aplicación.
Non podes e tampouco podes permitir que terceiras partes fagan o seguinte:
Publicar material gráfico, publicacións electrónicas, marcas rexistradas, música, fotografías, vídeos ou artigos desta Aplicación en Internet (noutras páxinas web, en redes sociais, ou en servidores para compartir ficheiros ou vídeos).
Distribuír material gráfico, publicacións electrónicas, marcas rexistradas, música, fotografías, texto ou vídeos desta Aplicación cun programa informático ou como parte de calquera programa informático (isto inclúe subir estes materiais a un servidor para o uso dun programa informático).
Reproducir, duplicar, copiar, distribuír ou usar de calquera outra forma o material gráfico, logotipos, publicacións electrónicas, marcas rexistradas, música, fotografías, texto, vídeos ou calquera outro material desta Aplicación con fins comerciais ou a cambio de diñeiro (aínda que sexa sen ánimo de lucro).
Crear para a súa distribución calquera programa informático, ferramentas ou técnicas deseñados para recoller, copiar, descargar, extraer, ou recompilar datos, código HTML, imaxes, ou texto desta Aplicación (queda excluída a distribución de aplicacións gratuítas de uso non comercial deseñadas para descargar arquivos electrónicos, tales como arquivos EPUB, PDF, MP3 e MP4 de seccións públicas deste sitio).
Usar indebidamente a Aplicación, por exemplo, interferindo ou accedendo á Aplicación ou ós seus servizos cun método distinto ó que se prové expresamente.
Usar esta Aplicación de xeito que puidese danala ou impedir o acceso á mesma. Tampouco debe usarse de maneira ilícita, ilegal, fraudulenta ou prexudicial, ou que dalgún modo estea asociada a algunha actividade ou propósito de carácter ilícito, ilegal, fraudulento ou prexudicial.
Usar esta Aplicación ou o seu material gráfico, publicacións electrónicas, marcas rexistradas, música, fotografías, texto ou vídeos con calquera fin publicitario.
Usar a Aplicación ou calquera dos seus contidos con fins comerciais ou para poñer á venda calquera produto comercial ou algún dos seguintes: substancias reguladas; drogas ilegais e contrabando de drogas; armas; material pirateado; instrucións sobre como facer, montar ou conseguir produtos ilegais ou armas para atacar a outros; información usada para violar o(s) copyright(s), vulnerar a(s) marca(s) rexistrada(s) ou destruir calquera outra información ou propiedade intelectual; información usada para causar dano ilegalmente a calquera animal ou persoa; contido pornográfico, material de persoas espidas, servizos de compañía ou calquera outro contido para adultos.
Usar a Aplicación ou calquera dos seus contidos para violar ou animar a violar os dereitos legais doutros (por exemplo, isto inclúe a violación da Digital Millennium Copyright Act ó infrinxir ou apropiarse indebidamente dos dereitos de propiedade intelectual doutros).
Usar a Aplicación para enviar ou distribuir virus, vermes, malware, arquivos corruptos, información falsa ou calquera outro arquivo de natureza destrutiva ou enganosa.
Usar a Aplicación para calquera actividade que consideremos ilegal unicamente segundo o noso criterio.
Usar a Aplicación para publicar, transmitir, mostrar ou facer dispoñible linguaxe obsceno, groseiro, difamatorio, intimidatorio, ofensivo ou ameazante.
Usar a Aplicación ou calquera dos seus contidos dunha maneira ilegal, invasiva, difamatoria, fraudulenta (por exemplo, isto inclúe phishing, crear unha estafa piramidal ou crear un sitio web espello).
Usar a Aplicación para xenerar, distribuír, publicar ou facilitar correos electrónicos masivos non solicitados, promocións, anuncios ou calquera outra información non solicitada (spam).
Participar en calquera actividade que, baixo o noso criterio, altere, eluda, dane ou interfira en (ou ameace con alterar, eludir, danar ou interferir en) a Aplicación, as nosas operacións ou a capacidade doutras persoas para usar de maneira eficaz a Aplicación.
Watchtower en ningún caso se fai responsable se usas a Aplicación dunha maneria que estea prohibida, ou se recibes calquera mensaxe ou transmisión ilegal, de acoso, ameazante, difamatoria ou ofensiva como resultado de usar a Aplicación.
Como usuario da Aplicación, debes i) acatar calquera lei federal, estatal e local e ii) cumprir tódalas leis de copyright, como as que teñen que ver coa música, videos, xogos, imaxes, textos e calquera outro contido multimedia tanto para uso persoal como para a produción de información electrónica.
5. FINALIZACIÓN. Este Acordo estará en vigor mentres ti ou Watchtower non o finalicedes. Os teus dereitos baixo este Acordo finalizarán de maneira automática se incumpres algún dos termos ou disposicións deste Acordo. Watchtower finalizará de inmediato este Acordo contigo e/ou o teu permiso de uso da Aplicación segundo o seu criterio e en calquera momento, por calquera razón ou mesmo sen ela e sen responsabilidade nin compromiso para contigo. En canto finalice este Acordo, deberás deixar de usar a Aplicación, desinstalala e eliminala de tódolos teus dispositivos e medios de almacenamento. Watchtower non será responsable en ningún caso da finalización deste Acordo ou de non permitirche o acceso á Aplicación.
6. INFORMACIÓN MÉDICA
Calquera información ou referencia médica (“Información médica”) que conteña a Aplicación é puramente informativa e non constitúe consello ou asesoramento médico. Non substitúe as consultas médicas profesionais, diagnósticos ou tratamentos. Tampouco recomenda ou favorece probas, produtos, procedementos, opinións, profesionais da saúde ou calquera outra información que poida aparecer nesta sección.
A Información médica non pretende nin está deseñada ou autorizada para que se use en relación con ningún sistema, procedemento ou decisión de caracter médico, salvavidas ou de soporte vital, ou en relación con calquera outra aplicación ou propósito. Consulta a un médico ou a calquera outro profesional da saúde sempre que teñas algunha dúbida sobre algunha enfermidade ou tratamento. Esta Aplicación non asume ningunha carga ou responsabilidade por calquera erro ou omisión no contido da Información médica. Ti asumes tódolos riscos de facer caso a calquera información que atopes na Información médica.
7. EXENCIÓN DE GARANTÍAS. ASUMES TÓDOLOS RISCOS DO USO DESTA APLICACIÓN E DE CALQUERA CONTIDO DA MESMA. PROVESE A APLICACIÓN “TAL CAL”, “SEGUNDO ESTEA DISPOÑIBLE” E CON TÓDOLOS SEUS ERROS. ATA ONDE A LEI O PERMITA, WATCHTOWER RENUNCIA POLA PRESENTE A TÓDALAS GARANTÍAS E CONDICIÓNS, XA SEXAN EXPRESAS, IMPLÍCITAS OU ESTATUTARIAS, O QUE INCLÚE PERO NON SE LIMITA A CALQUERA GARANTÍA IMPLÍCITA, RESPONSABILIDADE OU CONDICIÓN DE COMERCIABILIDADE, NON INCRUMPRIMENTO, IDIONEIDADE PARA UN DETERMINADO FIN, FIABILIDADE OU ADAPTACIÓN, PRECISIÓN OU INTEGRIDADE, CALIDADE, SEGURIDADE, IDONEIDADE, TRABALLO EFICIENTE, AUSENCIA DE VIRUS, FALTA DE NEGLIXENCIA, OU A QUE A APLICACIÓN FUNCIONE DE ALGUNHA MANEIRA EN PARTICULAR OU PRODUZA ALGÚN RESULTADO EN CONCRETO, OU A CALQUERA COUSA QUE XORDA DO USO QUE TI OU CALQUERA PERSOA FAGADES DA APLICACIÓN. WATCHTOWER NON OFRECE GARANTÍAS CONTRA A INTERFERENCIA NO SEU DESFRUTE DA APLICACIÓN, NIN TAMPOUCO GARANTE QUE AS FUNCIÓNS QUE HAXA NA APLICACIÓN OU OS SERVIZOS PRESTADOS OU PROVISTOS POLA APLICACIÓN CUMPRAN COAS EXPECTATIVAS QUE TI TEÑAS, NIN O FUNCIONAMENTO DA APLICACIÓN ESTEA LIBRE DE INTERRUPCIÓNS, ERROS, RETRASOS, PERDAS, ATAQUES, HACKEOS, OU CALQUERA OUTRA INTRUSIÓN DE SEGURIDADE. WATCHTOWER TAMPOUCO SE FAI RESPONSABLE DE DAR SOPORTE OU CALQUERA OUTRO SERVIZO, NIN SE FAI RESPONSABLE DE NON DAR SOPORTE NIN CALQUERA OUTRO SERVIZO RELACIONADO OU CONECTADO COA APLICACIÓN. DESCARGAR E USAR CALQUERA SOFTWARE TEN RISCOS INHERENTES, E WATCHTOWER RECOMÉNDACHE QUE TE ASEGURES DE ENTENDER COMPLETAMENTE OS POSIBLES RISCOS ANTES DE DESCARGAR, INSTALAR OU USAR DE CALQUERA OUTRA FORMA A APLICACIÓN. NIN WATCHTOWER NIN CALQUERA OUTRA ENTIDADE COLABORADORA DA WATCHTOWER NIN NINGÚN DOS SEUS DIRECTIVOS, EXECUTIVOS, VOLUNTARIOS, MEMBROS, LICENZANTES, PROVEEDORES, CONTRATISTAS, AXENTES OU REPRENSENTANTES (COLECTIVAMENTE “PARTES DA WATCHTOWER”) SE FAN RESPONSABLES DE CALQUERA DANO QUE TI OU TERCEIROS POIDADES SUFRIR POR DESCARGAR, INSTALAR, DESINSTALAR, MODIFICAR OU USAR DE CALQUERA OUTRA FORMA A APLICACIÓN OU CALQUERA DOS SEUS CONTIDOS.
8. LÍMITE DE RESPONSABILIDADE. ATA ONDE A LEI O PERMITA NIN WATCHTOWER NIN NINGUNHA DAS PARTES DA WATCHTOWER SE FARÁN RESPONSABLES EN ABSOLUTO DE NINGUNHA CLASE DE DANO ESPECIAL, INCIDENTAL, INDIRECTO, EMERXENTE OU PUNITIVO (O QUE INCLÚE PERO NON SE LIMITA A PERDA DE GANANCIAS, PERDA DE DATOS, NEGOCIOS OU FONDOS DE COMERCIO, PERDAS DE GANANCIAS ESPERADAS, PERDAS DE NEGOCIOS ESPERADOS, PERDAS DE FONDOS DE COMERCIOS ESPERADOS, PERDA DE INFORMACIÓN CONFIDENCIAL OU CALQUERA OUTRO TIPO DE INFORMACIÓN, INTERRUPCIÓN DUN NEGOCIO, INCUMPRIMENTO DALGÚN DEBER [INCLUÍDOS O DEBER DE BOA FE E O DEBER DE DILIXENCIA], NEGLIXENCIA, OU CALQUERA OUTRA PERDA MONETARIA OU DOUTRO TIPO) QUE XORDA OU ESTEA RELACIONADO CO USO QUE TI FAGAS DA APLICACIÓN E/OU DO CONTIDO QUE ESTÁ NA APLICACIÓN (OU COA TÚA INCAPACIDADE DE USAR A APLICACIÓN E/OU CALQUERA OUTRO CONTIDO QUE ESTEA NA APLICACIÓN), OU QUE ESTEA RELACIONADO DALGUNHA OUTRA MANEIRA CON ESTE ACORDO. O ANTERIOR APLICARÁ TANTO SE ESA RESPONSABILIDADE XORDE DE CALQUERA RECLAMACIÓN QUE SE BASEE NUN CONTRATO, GARANTÍA, AGRAVIO (O QUE INCLÚE PERO NON SE LIMITA Á NEGLIXENCIA), RESPONSABILIDADE DO FABRICANTE, RESPONSABILIDADE OBXECTIVA, DEFECTO, INCUMPRIMENTO DA GARANTÍA, INCUMPRIMENTO DO CONTRATO, COMO SE XORDE DE CALQUERA OUTRA MANEIRA, INCLUSO SE WATCHTOWER OU CALQUERA DAS PARTES DA WATCHTOWER FOSEN AVISADAS DA POSIBILIDADE DE QUE OCORRAN DANOS SEMELLANTES. SEN IMPORTAR O DANO QUE SOFRAS POR CALQUERA RAZÓN RELACIONADA COA APLICACIÓN (O QUE INCLÚE PERO NON SE LIMITA A CALQUERA DOS DANOS MENCIONADOS AQUÍ), TODA A RESPONSABILIDADE DA WATCHTOWER OU DAS PARTES DA WATCHTOWER EN CONXUNTO, E A ÚNICA COMPENSACIÓN QUE VAS RECIBIR LIMITARASE A 10 DÓLARES ($10). ESTA CLÁUSULA DO LÍMITE DA RESPONSABILIDADE VAI ESTAR EN VIGOR SEN IMPORTAR QUE CALQUERA OUTRA CLÁUSULA DESTE ACORDO FOSE INEFICAZ.
9. INDEMNIZACIÓN. Terás que indemnizar á entidade Watchtower e a cada unha das Partes da Watchtower, e vas eximilas e defendelas de responsabilidade por calquera reclamación, acción, preito e demanda (e calquera perda, responsabilidade, dano, gasto e custo que isto leve asociado, o que inclúe pero non se limita a tarifas e gastos legais razoables que xordan polo uso que fagas da Aplicación e/ou do contido da mesma ou en relación co uso que lle deas), incluíndo pero non limitándose a a) o teu incumprimento deste Acordo, incluído o uso que fagas da Aplicación de calquera maneira que non se permita expresamente a continuación, b) a túa neglixencia ou conduta descoidada, c) a violación de calquera lei ou regulación, d) calquera representación ou garantía que fagas en relación a calquera aspecto da Aplicación ou do contido da Aplicación, e) calquera reclamación con respecto a accións ou omisións de terceiros relacionado coa Aplicación e/ou o contido da Aplicación, ou f) calquera reclamación que un terceiro (ou alguén que represente a un terceiro) faga relacionado directa ou indirectamente co uso que fagas da Aplicación e/ou o contido da Aplicación.
10. LICENZA DE CONTIDO E INDEMNIZACIÓN. Declaras e garantizas expresamente que tes o dereito e/ou a licenza para publicar calquera Contido (como se define máis adiante) que publiques ó usar a Aplicación. “Contido” refírese a calquera información que subministres relacionada co uso que fagas da Aplicación, o que inclúe pero non se limita a información, contido, datos, mensaxes, texto, arquivos, imaxes, vídeos, sons, outros materiais e calquera das anteriores que ti subministres. Ti declaras e garantes que o Contido que subministras e que o uso que nós lle deamos a ese Contido non infrinxirá nin se apropiará de ningunha patente, marca rexistrada, ningún segredo industrial, copyright, ou ningún outro dereito de propiedade intelectual de terceiros.
Por medio da presente, ti outórgasnos a licenza e o dereito perpetuos, irrevogables, mundiais, non exclusivos, e exentos de regalías para usar, aloxar, almacenar, modificar, copiar, distribuír, comunicar, publicar, transmitir, exhibir publicamente, reproducir, editar, traducir e reformatear ese Contido, e para preparar obras derivadas dese Contido. Ti aceptas defendernos a nós e a calquera das Partes da Watchtower, correndo ti cos gastos e custos de calquera acción, preito ou outro procedemento contra calquera das Partes da Watchtower por parte doutra persoa ou entidade que (baseada no contido que ti subministrases) alegue a violación de calquera patente, copyright, marca rexistrada, segredo industrial, ou que alegue outro dereito ou violación de calquera licenza ou outros dereitos de propiedade intelectual. E ti aceptas indemnizar e eximir a calquera das Partes da Watchtower de calquera xuízo, perda, responsabilidade, dano, custo e gasto (o que inclúe pero non se limita a tarifas nin gastos legais razoables) que xordan por esa violación ou estean relacionados con ela. Tamén entendes que ti es o único responsable por todo o Contido que se publique, se transmita ou se enlace dende a Aplicación. Ti recoñeces que non aprobamos nin verificamos previamente Contido pero que temos o dereito (aínda que non a obriga), segundo o noso criterio, de rechazar, borrar ou mover calquera Contido que viole este Acordo ou por calquera outra razón.
11. EXPORTACIÓN. Ti non debes usar ou dalgún outro xeito exportar ou reexportar a Aplicación ou calquera dos seus contidos excepto cando o autoricen as leis dos Estados Unidos ou as leis da xurisdicción onde se obtivese a Aplicación. En particular, pero sen limitarse a elo, a Aplicación non pode exportarse ou reexportarse a) ningún país baixo embargo dos Estados Unidos ou b) ninguén que estea na Lista de Nacionais Especialmente Designados do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos ou na lista de persoas ou entidades denegadas do Departamento de Comercio dos Estados Unidos. Ti tamén estás de acordo en non usar a Aplicación para ningún fin prohibido pola lei.
12. PRIVACIDADE. Os termos que regulan o uso de información de carácter persoal ou calquera outra información que ti envíes en relación coa Aplicación descríbense na Política de Privacidade desta Aplicación.
13. LEXISLACIÓN APLICABLE; PRESENTACIÓN OPORTUNA DE RECLAMACIÓNS. Este Acordo debe ser regulado e interpredado segundo as leis do estado de Nova York (a excepción dos principios de elección da lei de Nova York), e tódalas reclamacións que xordan a raíz deste Acordo ou relacionados con el, ou polo incrumprimento do mesmo, independentemente de se está expresado mediante contrato, extracontractualmente ou de calquera outra maneira, tamén estarán reguladas polas leis do estado de Nova York, a excepción dos principios de elección da lei de Nova York. Exclúese especificamente deste Acordo a aplicación da lei coñecida como Convención das Nacións Unidas sobre os Contratos de Compravenda Internacional de Mercadorías. TI ESTAS DE ACORDO EN QUE, SEN IMPORTAR O ESTATUTO OU LEI QUE DIGA O CONTRARIO, CALQUERA RECLAMACIÓN, PREITO OU ACCIÓN QUE TI TEÑAS CONTRA CALQUERA DAS PARTES DA WATCHTOWER (E QUE XORDAN BAIXO ESTE ACORDO OU RELACIONADO CON EL) DEBE PRESENTARSE NOS SEIS (6) MESES DESPOIS DA DATA NA QUE O EVENTO QUE PROVOCOU ESTA RECLAMACIÓN TIVESE LUGAR OU SE ALEGA QUE TIVESE LUGAR.
14. DISPOSICIÓNS VARIAS. Este Acordo, a Política de Privacidade da Aplicación e as Atribucións e calquera outra instrución escrita relacionada coa Aplicación que fosen provistas pola Watchtower constitúen o enteiro acordo entre ti e a Watchtower con relación á Aplicación, e substitúe a tódalas comunicacións anteriores ou contemporáneas, escritas ou verbais, as propostas e as representacións con respecto á Aplicación ou calquera outro tema contemplado neste Acordo. A entidade Watchtower estará eximida do cumprimento deste Acordo na medida en que ese cumprimento se impida, se demore ou se obstrúa por causas que van máis aló do control razoable da entidade. Se calquera disposición deste Acordo queda nula, inválida, ilegal, ou non se poida facer cumprir, esa disposición será modificada polo tribunal da maneira que se pareza o máis posible a inteción da entidade Watchtower. Tódalas outras disposicións deste Acordo seguirán estando en pleno vigor e efecto. A entidade Watchtower poderá asignar ou transferir dalgunha outra maneira este Acordo a calquera das súas entidades asociadas. Se, en calquera momento, Watchtower non che esixe o cumprimento de calquera disposición deste Acordo, isto de ningunha maneira afectará ó dereito da entidade Watchtower de facer cumprir esas disposicións. Da mesma maneira, aínda que a entidade Watchtower renunciase ós seus dereitos relacionados con calquera incumprimento de calquera disposición deste Acordo, iso non significa que a entidade renunciará ós seus dereitos relacionados con calquera outro incumprimento futuro da mesma disposición.

