Ir ó contido

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

Política de privacidade

Política de privacidade

IMPORTANTE: Ó USAR ESTE SITIO WEB OU SUBMINISTRARNOS CALQUERA DATO PERSOAL, ACEPTAS QUE USEMOS TÓDOLOS DATOS PERSOAIS QUE NOS FACILITES PARA OS FINS E DO XEITO DESCRITO NA SEGUINTE POLÍTICA DE PRIVACIDADE, DE ACORDO COAS LEIS E REGULACIÓNS QUE REXEN O USO DE DATOS PERSOAIS.

 RESPECTAMOS A TÚA PRIVACIDADE

Estamos comprometidos con protexer e respectar a túa privacidade. Esta Política define a forma en que trataremos calquera información persoal que obteñamos de ti ou que ti nos facilites no noso sitio web. Cada vez que visitas o noso sitio web queda gardada certa información básica necesaria para o uso do sitio. Recoñecemos a importancia de gardala dun xeito seguro e informarte do uso que lle daremos. Podes decidir facilitarnos información considerada como datos persoais. O termo “datos persoais” usado nesta Política abrangue información como: nome, enderezo electrónico, enderezo postal, número de teléfono ou calquera outro dato que poida usarse para a túa identificación. Non é necesario que nos facilites ningún dato persoal para navegar pola nosa páxina web sen iniciar sesión. O termo “páxina web” inclúe este sitio e tódolos relacionados, tal como apps.jw.org, tv.jw.org, stream.jw.org e wol.jw.org.

 TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS

Esta páxina web é propiedade de Watchtower Bible and Tract Society of New York, Inc. (“Watchtower”), unha organización sen ánimo de lucro sita en Nova York que dá apoio ás actividades das Testemuñas de Xehová e ó seu labor de divulgación da mensaxe bíblica. Ó abrir voluntariamente unha conta de usuario, facer un donativo, solicitar un curso da Biblia ou calquera outra acción que implique facilitarnos os teus datos persoais, aceptas a presente Política de privacidade, e que gardemos os teus datos en servidores que están en Estados Unidos. Tamén consentes que Watchtower e outras entidades colaboradoras en diferentes países recollan, procesen, transfiran e garden os datos persoais necesarios para atender a túa solicitude. A organización relixiosa das Testemuñas de Xehová opera a nivel mundial por medio de diferentes entidades locais. Con relación á protección de datos estas entidades poden ser: congregacións locais, sucursais e entidades asociadas semellantes.

O tratamento dos teus datos persoais varía en función do uso que lle deas á páxina. Por exemplo, se fas un donativo a unha entidade legal situada nun país, facilitaremos o teu nome e datos de contacto a esa entidade durante a transacción. Ou no caso de que solicites un curso da Biblia, facilitaremos o teu nome e datos de contacto á correspondente sucursal e congregación das Testemuñas de Xehová para tramitar a túa solicitude.

Se no país onde resides hai leis de protección de datos, atoparás a información de contacto do teu país na listaxe de Contactos de Protección de datos.

 SEGURIDADE E CONFIDENCIALIDADE

Tomamos moi en serio a seguridade e confidencialidade dos teus datos persoais. A fin de protexer contra o acceso non autorizado, o uso desapropiado, modificacións non autorizadas, destrución ilegal ou perda accidental da información persoal que nos facilites, usamos avanzados sistemas de almacenaxe de datos e modernas de técnicas de seguridade. Tódolos procesadores e terceiras partes relacionados coa xestión dos teus datos persoais están obrigados a respectar a confidencialidade da información que nos facilitas. Almacenaremos e utilizaremos tal información durante o tempo necesario para o fin co que a recompilamos, ou para cumprir con calquera requisito legal ou de conservación de documentos.

Protexemos os teus datos persoais con sistemas de encriptado, como exemplo, o protocolo de seguridade TLS (Seguridade da Capa de Transporte). A fin de protexer a confidencialidade e garantir a seguridade da información que nos facilites, usamos equipos informáticos de acceso restrinxido situados en instalacións que contan con controis de seguridade físicos, electrónicos e de procedemento. Mantemos estritas normas de seguridade para evitar calquera acceso non autorizado.

 MENORES

Se es menor de idade no país dende o que accedes á nosa páxina web, podes facilitarnos os teus datos persoais a través desta páxina web só co permiso do(s) teu(s) pai(s) ou titor legal. Se es o pai ou titor legal, ó dar permiso ó menor para facilitarnos os seus datos persoais a través desta páxina web, estás aceptando a presente Política de privacidade relacionada cos datos do menor.

 DIVULGACIÓN A TERCEIROS

O presente sitio de Internet contén algúns enlaces a páxinas web doutros provedores contratados para realizar servizos no noso nome, por exemplo, xestionar formularios en liña. Poderás saber que estás na páxina web dun provedor porque, ó acceder, tanto o enderezo da barra do navegador como o aspecto da páxina serán diferentes. Cando seleccionamos os nosos provedores, asegurámonos de que cumpren as mesmas políticas de privacidade e protección de datos ca nós, e comprobamos periodicamente se as seguen cumprindo. Para máis información acerca das políticas de privacidade dos nosos provedores, podes consultar a súa páxina web.

 NOTIFICACIÓN DAS MODIFICACIÓNS DA POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Constantemente, estamos realizando melloras e engadindo novas funcións e características á nosa páxina web e ós servizos que ofrecemos. Por estas razóns, unidas ós cambios legais e tecnolóxicos, as nosas prácticas de protección de datos cambian cada certo tempo. Cando sexa necesario modificar a presente Política de privacidade publicaremos os devanditos cambios nesta páxina web. Deste xeito sempre poderás saber que información recompilamos e como a usamos.

 ACTIVE SCRIPTING OU JAVASCRIPT

Para mellorar a funcionalidade do noso sitio web utilízanse scripts (secuencias de comandos). Isto permite proporcionar información ó usuario a maior velocidade. A nosa páxina nunca utilizará esta tecnoloxía para instalar software no teu ordenador ou obter datos sen a túa autorización.

Para un correcto funcionamento dalgunhas seccións do sitio web é necesario activar Active Scripting ou Javascript no navegador. A maioría dos navegadores permiten habilitar ou deshabilitar esta función para determinados sitios web. Se necesitas información sobre como habilitar esta función, podes consultar a sección de axuda do teu navegador.