Ir ó contido

Son tódalas relixións iguais? Levan todas a Deus?

Son tódalas relixións iguais? Levan todas a Deus?

O que di a Biblia

 Non, non tódalas relixións son iguais. A Biblia contén moitos exemplos de relixións que non lle gustan a Deus. Podemos agrupalas en dúas categorías.

Categoría 1. As que adoran deuses falsos

 A Biblia explica que a adoración a deuses falsos non serve para nada (Xeremías 10:3-5; 16:19, 20). Xehová a deulle este mandato a antiga nación de Israel: “Non terás xunto comigo outros deuses” (Éxodo 20:3, 23; 23:24). De feito, a Biblia di que cando os israelitas adoraron outros deuses “a cólera do Señor acendeuse contra Israel” (Números 25:3; Levítico 20:2; Xuíces 2:13, 14).

 Deus segue pensando o mesmo sobre a adoración que se lles dá ós que a xente chama deuses (1 Corintios 8:5, 6; Gálatas 4:8). Xehová dilles ós que queren adoralo que deixen de xuntarse cos que practican a relixión falsa. Mándalles: “Saíde do medio desa xente, afastádevos” (2 Corintios 6:14-17). Entón, se tódalas relixións fosen iguais e levasen a Deus, por que daría el un mandato coma este?

Categoría 2. As que adoran a Deus dunha maneira que el non aproba

 En ocasións, para adorar a Deus, os israelitas adoptaron crenzas e prácticas que se utilizaban na adoración a deuses falsos. Pero Xehová rechazou este intento de mesturar a relixión verdadeira coa falsa (Éxodo 32:8; Deuteronomio 12:2-4). Xesús condenou os líderes relixiosos do seu tempo pola maneira na que adoraban a Deus. Aparentaban ser moi relixiosos pero en realidade eran hipócritas e descoidaban o máis importante da Lei: a xustiza, a misericordia e a fidelidade (Mateo 23:23).

 Do mesmo xeito hoxe, só a relixión que se basea na verdade que atopamos na Biblia nos achega a Deus (Xoán 4:24; 17:17; 2 Timoteo 3:16, 17). As relixións que ensinan cousas que non están de acordo co que di a Biblia, en realidade, afastan as persoas de Deus. Moitas das ensinanzas que a xente pensa que veñen da Biblia, como a Trindade, a inmortalidade da alma e o tormento eterno, proveñen da adoración a deuses falsos. As formas de adoración que promoven estas ensinanzas son inútiles porque substitúen os mandamentos de Deus por tradicións humanas (Marcos 7:7, 8).

 Deus odia a hipocrisía relixiosa (Tito 1:16). Para que unha relixión nos axude a achegarnos a Deus ten que ser máis ca unha serie de rituais ou cerimonias, debe influír en todo o que facemos. Por exemplo, a Biblia di: “Se alguén se tiver por home relixioso sendo un badueiro que engana o seu propio corazón, a súa relixiosidade sería baleira. A relixión limpa e sen lixo ningún ós ollos de Deus Pai é esta: mirar polos orfos e polas viúvas nas súas coitas e gardarse da contaminación deste mundo” (Santiago 1:26, 27). O Novo Testamento de Avelino Gómez Ledo utiliza a expresión “relixión pura” para referirse a este tipo de adoración limpa e sen hipocrisía.

a Segundo a Biblia, Xehová é o nome de Deus. Este nome tamén pode traducirse como Iavé.